Escándalo dos falsos positivos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Protesta de artistas en Bogotá xunto ás nais de Soacha asasinados e presentados como mortos en combate polo exército de Colombia.

O escándalo dos falsos positivos en Colombia é como se coñece ás revelacións feitas a finais de 2006 sobre o involucramento de membros do Exército de Colombia no asasinato de civís inocentes, facéndoos pasar como guerrilleiros mortos en combate dentro do marco do conflito coas Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia. Estes asasinatos tiñan como obxectivo presentar resultados por parte das brigadas de combate.[1] A estes casos coñéceselles no Dereito Internacional Humanitario como execucións extraxudiciais e no Dereito Penal Colombiano como homicidios en persoa protexida.[2]

Pola devandita denuncia foron destituídos varios oficiais e suboficiais do exército e o comandante desa póla das Forzas Armadas, o xeneral Mario Montoya, renunciou ó seu cargo e foi nomeado polo presidente Embaixador en República Dominicana. Ditas revelacións puxeron en cuestión, segundo os críticos do expresidente Álvaro Uribe Vélez, algúns procedementos da chamada Política de Seguridade Democrática emprendida durante o seu goberno do expresidente.[3] Segundo o informe “Mortes ilexitimamente presentadas como baixas en combate por axentes do Estado" que a Fiscalía Xeral lle entregou á JEP en agosto de 2018, ascenden a 2248,[4] mais estímase que a cifra podería chegar a 10 000 casos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Las cuentas de los falsos positivos". Semana (Colombia). 
  2. "Consideraciones sobre la investigación y el juzgamiento de conductas punibles constitutivas de graves violaciones de los derechos humanos o de crímenes de guerra". OACDH. 
  3. Radio Santa Fe. "Purga en el Ejército por falsos positivos". 19 oficiales y 6 suboficiales, para un total de 25 miembros del Ejército, fueron retirados de la institución, según el informe revelado en el marco de una alocución del presidente Alvaro Uribe, por el comandante de las Fuerzas Militares, general Freddy Padilla de León. 
  4. Pacheco Jiménez, Sebastián (28 de xullo de 2018). "La real dimensión de las ejecuciones extrajudiciales en Colombia". EL ESPECTADOR. Consultado o 10 de novembro de 2018.