Erkin Vohidov
(2006) | |
Nome orixinal | (uz) Erkin Vohidov, Эркин Воҳидов |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de decembro de 1936 Altyariq District, Uzbekistán (en) |
Morte | 30 de maio de 2016 (79 anos) Tashkent, Uzbekistán |
Educación | National University of Uzbekistan (en) |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo, político, poeta, tradutor |
Premios | |
Erkin Vohidov, nado en Oltiariq o 28 de decembro de 1936 e finado en Tashkent o 30 de maio de 2016[1], foi un xornalista e escritor uzbeko, poeta nacional da República Socialista Soviética de Uzbekistán en 1987, recibiu en 1999 o título de Heroe de Uzbekistán, o máis alto título honorífico que pode recibir un cidadán de Uzbekistán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia de profesores, seu pai Chuyanboy Vohidov loitou na guerra guerra soviético-alemá contra da Alemaña nazi e os seus aliados e morreu en Tashkent logo de regresar da guerra. Pouco despois finou tamén súa nai, Roziyahon Vohidova e Erkhin foi vivir en 1945 cun tío, Karimboy Sohiboyev en Tashkent e completou alí a súa educación secundaria. Graduouse en 1960 en filoloxía na Universidade Estatal de Tashkent.
Tras rematar os seus estudos, Vohidov traballou entre 1960 a 1963 como editor en Yosh Gvardiya, a sección uzbeka da editora estatal Molodaya Gvardiya. Foi despois editor-xefe (1963-1970) e director (1985-1987) de Gʻafur Gʻulom, outra editorial en Tashkent, e de 1975 a 1982 volveu a Molodaya Gvardiya como editor xefe. Desde 1982 e ata 1985 foi o editor xefe da revista mensual Yoshlik .[2]
Vohidov comezou a escribir poesía durante os seus anos de estudante. Publicou a súa primeira colección de poemas, Tong nafasi, en 1961 e ao longo da súa vida publicou máis de 30 libros de poesía [3]. Moitos artistas uzbekos cantaron os seus poemas, entre as máis famosas están "Inson qasidasi" e "Oʻzbegim" ámbalas dúas cantados por Sherali Joʻrayev. Traduciu a moitos poetas recoñecidos como Aleksandr Tvardovsky, Johann Wolfgang von Goethe, Muhammad Iqbal, Rasul Gamzatov, e Sergei Esenin ao uzbeko. Vohidov escbribiu tamén tres obras de teatro: Oltin devor, Istambul fojeasi e Ikkinchi tumor. En 1990 entrou na vida pública e foi membro da Asemblea Suprema desde 1995 ata 2005 e do Senado de Uzbekistán desde 2005 ata 2010.
Obras
[editar | editar a fonte]- Tong nafasi (1961)
- Qoʻshiqlarim sizga (1962)
- Yurak va aql (1963)
- Mening yulduzim (1964)
- Nido (1965)
- Lirika (1965)
- Palatkada yozilgan doston (1967)
- Yoshlik devoni (1969)
- Charogʻbon (1970)
- Quyosh maskani (1972)
- Dostonlar (1973)
- Tirik sayyoralar (1978)
- Ruhlar isyoni (1980)
- Sharqiy qirgʻoq (1981)
- Kelajakka maktub (1983)
- Muhabbat (1984)
- Hozirgi yoshlar (1986)
- Iztirob (1991)
- Yaxshidir achchiq haqiqat (1992)
- Saylanma
- Birinchi jild: Ishq savdosi (2000)
- Ikkinchi jild: Sheʼr dunyosi
- Uchinchi jild: Umrim daryosi
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Atoqli o‘zbek shoiri Erkin Vohidov olamdan o‘tdi Arquivado 05 de outubro de 2016 en Wayback Machine., Daryo, 30 de maio de 2016
- ↑ "Erkin Vohidov", ziyouz.com
- ↑ O‘zbekiston xalq shoiri Erkin Vohidov olamdan o‘tdi, ozodlik.org, 30 de maio de 2016