Erección póstuma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha erección póstuma, erección post mortem ou erección terminal é unha erección acontecida con posterioridade ao falecemento do individuo, tecnicamente un priapismo. Trátase dun fenómeno fisiolóxico observado nos cadáveres de homes finados en circunstancias violentas, por exemplo executados, mais sobre todo enforcados[1] (neste último caso, o fenómeno atribúese á presión no cerebelo, propiciado pola soga[2]).

Por outra banda, as lesións na medula espiñal e no cerebelo están sempre asociadas co priapismo en pacientes vivos.[Cómpre referencia]

A morte por enforcamento afecta tanto aos xenitais masculinos coma femininos.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Compendium of practical medicine for the use of students and practitioners of medicine, de Willis Webster Grube (Hadley Co., 1897). (en inglés)
  2. Anomalies and Curiosities of Medicine, de George M. Gould e Walter L. Pyle (1900)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.