Saltar ao contido

Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense
Logo
Tipoorganización non gobernamental
Fundador(es)Luis Fondebrider
SedeNova York, Buenos Aires e Córdoba
PaísArxentina
Na rede
https://eaaf.org/
editar datos en Wikidata ]

O Equipo Arxentino de Antropología Forense (EAAF) é unha organización non gobernamental e sen fins de lucro arxentina de carácter científico creada en 1986 a iniciativa das organizacións de dereitos humanos da Arxentina co fin de desenvolver técnicas de antropoloxía legal que axudasen a descubrir que sucedera coas persoas detidas-desaparecidas durante a ditadura militar (1976-1983). Desde o ano 1998 traballou en 30 países de Latinoamérica, África, Europa e Asia; en lugares como Bosnia, Angola, Timor Oriental, Polinesia Francesa, Croacia, Kurdistán iraquí, Kosovo e Suráfrica[1].

Inmediatamente logo de recuperada a democracia e que entrase en funcionamento a CONADEP comezaron a realizarse exhumacións porque se sospeitaba que moitas das tumbas NN poderían estar ocultando desaparecidos asasinados sen identificar. Pronto foi evidente que se necesitaban métodos científicos para reconstruír a memoria. A CONADEP e as Avoas de Praza de Maio tomaron a iniciativa e viaxaron a Estados Unidos onde recibiron o decisivo apoio da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (w:en:). Creouse unha base de datos xenéticos no Hospital Durand de Bos Aires, e un equipo de antropólogos forenses organizados por Clyde Snow con grande audacia [2]. Sobre esta base en 1986 creouse o Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense (EAAF), como unha organización non gobernamental e sen fins de lucro [3].

Actividade

[editar | editar a fonte]

O EAAF desenvolveu un método de investigación organizado en tres etapas:

  1. Unha etapa preliminar de recompilación de fontes escritas e orais do desaparecido ou desaparecida;
  2. Unha etapa de análise da documentación e rexistros que ten como fin establecer onde poden atoparse os restos;
  3. Unha etapa arqueolóxica, similar á arqueoloxía clásica nun contexto médico legal. Nesta etapa utilízanse tamén as técnicas de investigación xenética a través do ADN.

O EAAF foi pioneiro no desenvolvemento destas técnicas. Di Clyde Snow que:

por primera vez en la historia de la investigación de violaciones a los derechos humanos empezamos a usar metodología científica para investigar estos crímenes. Aunque empezamos de a poco, produjo una verdadera revolución en el modo en que se investigan las violaciones a los derechos humanos. La idea de usar la ciencia en el área de derechos humanos comenzó aquí en la Argentina y ahora se usa en todo el mundo. El equipo llevó la idea a todo el mundo y ayudó a la formación de equipos en otros países como Guatemala, Chile, Perú. Los países europeos tienen ahora sus equipos de antropología forense. Pero los argentinos fueron los pioneros... Cuando comenzamos, ellos recibieron amenazas de muerte. Yo recibí algunas llamadas nocturnas extrañas pero como mi español era tan malo no entendía.[4]

Ata o 2000 o EAAF lograra identificar os restos de sesenta persoas, mentres que había outros trescentos casos que se continuaban investigando [3].

Claudio, un fillo de desaparecidos que buscaba aos seus pais di:

Me acuerdo de que llegué a mi casa y me estaba esperando Alejandro (Inchaurregui, médico e integrante del EAAF) con mi mamá adoptiva. Y me contó todo, quiénes eran mis viejos, que eran desaparecidos... Y supe también que tenía un hermano.[3]

Identificación do Che Guevara

[editar | editar a fonte]

O EAAF volveuse mundialmente coñecido tamén por identificar o corpo do Che Guevara en Bolivia.

Algúns dos científicos membros do EAAF son: Clyde Snow, Luis Fondebrider, Darío Olmo, Silvina Turner, Mercedes Doretti, Patricia Bernardi, Anahí Ginarte, Rafael Mazzella, Daniel Bustamante, Carlos Somigliana, Miguel Nieva, Sofía Egaña, Cecilia Ayerdi, Andrea del Río.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]