Epidat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Epidat
Desenvolvedor(es)Dirección Xeral de Saúde Pública (Xunta de Galicia)
Última versión4.2
(29 de xullo de 2016; hai 7 anos (2016-07-29))
Sistema operativoMultiplataforma
TipoAnálise estatística e epidemiolóxica
LicenzaLibre distribución
Sitio webwww.sergas.es/Saude-publica/EPIDAT

Epidat é un proxecto non lucrativo iniciado a principios dos anos 90, na Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia. Consiste no desenvolvemento e difusión dun programa de libre distribución para a análise estatística e epidemiolóxica de datos. Por ofrecer posibilidades en ocasiones novidosas, pola súa amigabilidade e a pola calidade das súas axudas, a aplicación conseguiu unha grande aceptación nos países de Iberoamérica.

O desenvolvemento das primeiras versións de Epidat integrouse no marco dun convenio de colaboración firmado pola Organización Panamericana de la Salud (OPS) e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia; na actualidade a OPS presta o seu apoio institucional ao proxecto e a Universidade CES de Colombia sumouse dende 2012 como organismo auspiciador.

Evolución do proxecto[editar | editar a fonte]

Versión Lanzamento Descrición
1.0 Decembro de 1994 Sistema operativo: MS-DOS

Módulos:

  • Axustes
  • Mostras
  • Concordancia
  • Táboas
  • Contrastes
2.0 Xuño de 1997 Sistema operativo: Windows

Módulos:

  • Axustes
  • Mostras
  • Concordancia
  • Táboas
  • Probas diagnósticas
  • Inferencias
  • Priorización
2.1 Xuño de 1998 Tradución ao galego, catalán, portugués e inglés
3.0 Marzo de 2004 Sistema operativo: Windows 98

Módulos:

  • Axustamento de taxas
  • Demografía
  • Mostraxe
  • Distribucións de probabilidade
  • Probas diagnósticas
  • Concordancia e consistencia
  • Táboas de continxencia
  • Inferencia sobre parámetros
  • Análise bayesiana
  • Vixilancia en saúde pública
  • Metaanálise
  • Xerarquización
3.1 Xaneiro de 2006 Corrección de erros e tradución ao galego, portugués e inglés
4.0 Abril de 2011 Programado en Java

Aplicación modular e multiplataforma

Módulos:

  • Análise descritiva
  • Mostraxe
  • Concordancia e consistencia
  • Axustamento de taxas
  • Demografía
  • Estimación da mortalidade atribuída
  • Distribucións de probabilidade
  • Medición de desigualdades en saúde
4.0.1 Xullo de 2012 Inclusión do módulo:
  • Análise bayesiana
4.1 Outubro de 2014 Tradución ao galego e portugués

Inclusión dos módulos:

  • Inferencia sobre parámetros
  • Regresión loxística

Modificación do módulo:

  • Medición de desigualdades en saúde
4.2 Xullo de 2016 Tradución ao inglés

Inclusión do módulo:

  • Índices de desenvolvemento ou privación

Características do programa[editar | editar a fonte]

Na actualidade están dispoñibles para o seu uso as versións 3.1 e 4.2. A coexistencia de ambas versións débese a que, de momento, no foi incorporado todo o contido da versión 3.1 á 4.2.

Epidat 3.1[editar | editar a fonte]

Nesta versión do programa poden destacarse tres características básicas: un contorno que segue os estándares de Windows, a incorporación de técnicas específicas que non se atopan habitualmente neste tipo de programas e un enfoque expositivo nas axudas, concibidas co afán de facilitar a comprensión non soamente das regras de explotación do programa senón tamén da esencia conceptual das técnicas que contén.

Epidat 4.2[editar | editar a fonte]

Entre as características da versión 4 cabe destacar tres das máis relevantes:

  • A linguaxe de programación empregada foi Java, o que lle outorga unha gran versatilidade e permite o seu funcionamento en diferentes sistemas operativos (Windows, Linux, Mac OS X).
  • Presenta unha articulación modular que facilita as actualizacións do programa, de forma que a partir dun contorno xeral pódense engadir módulos á aplicación.
  • O programa está dispoñible en 4 idiomas: galego, castelán, portugués e inglés.

O resto de características desta nova versión concéntranse nos tres elementos distintivos do programa, que son o contorno, o contido e a axuda.

O contido de Epidat 4 estruturouse nos 19 módulos seguintes:

Módulo Dispoñibilidade
Versión 3.1 Versión 4.2
1. Análise descritiva Non Si
2. Depuración e imputación de datos Non En desenvolvemento
3. Mostraxe Si Si
4. Inferencia sobre parámetros Si Si
5. Táboas de continxencia Si En desenvolvemento
6. Concordancia e consistencia Si Si
7. Probas diagnósticas Si En desenvolvemento
8. Axustamento de taxas Si Si
9. Demografía Si Si
10. Estimación da mortalidade atribuída Non Si
11. Regresión loxística Non* Si
12. Análise de supervivencia Non En desenvolvemento
13. Distribucións de probabilidade Si Si
14. Análise bayesiana Si Si
15. Meta-análise Si En desenvolvemento
16. Vixilancia en saúde pública Si En desenvolvemento
17. Índices de desenvolvemento ou privación Non** Si
18. Medición de desigualdades en saúde Non** Si
19. Métodos de avaliación económica Non En desenvolvemento
(*) Na versión 3.1 o módulo Táboas de continxencia contén unha versión limitada desta técnica.
(**) Os módulos de Índices de desenvolvemento ou privación e Medición de desigualdades en saúde inclúen o contido do módulo de Xerarquización da versión 3.1.

Descargar[editar | editar a fonte]

Epidat é un programa de libre distribución e unha copia do mesmo pode obterse gratuitamente nos seguintes enlaces:

Descargar Epidat 3.1

Descargar Epidat 4.2

Bibliografía[editar | editar a fonte]