Epiciclo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema de movimiento epicíclico simple (rotación 1:1).

O epiciclo (do latín tardío epicyclus, e este do grego, επίκυκλος epíklykos, lirteralmente "sobre o cíurculo") era o modelo xeométrico ideado para explicar as variacións de velocidade e dirección (retrogradación) do movemento aparente dos planetas. Foi deseñado por Apolonio de Perge a finais do século tercero a.C., e nel baseouse o astrónomo Claudio Ptolomeo para elaborar a súa versión da teoría xeocéntrica.

Coa mellora das observacións necesitouse engadir máis círculos ao modelo para adecualo, facéndoo impracticábel. Co advenimento da teoría heliocéntrica de Nicolao Copérnico e a explicación do movemento planetario en órbitas elípticas, por Johannes Kepler, quedou obsoleto o modelo dos epiciclos.

Elementos básicos do sistema planetario de Ptolomeo[editar | editar a fonte]

Representación do movemento aparente do Sol e os planetas coa Terra como centro.
Elementos básicos do sistema planetario de Ptolomeo.

O planeta móvese sobre o epiciclo (circunferencia pequena de trazos, na figura da esquerda), cuxo centro á súa vez se move sobre o deferente (circunferencia grande de trazos).

O centro do deferente é X, pero o movemento angular do epiciclo é aparentemente acorde só respecto ao punto (·), que é o ecuante.

O deferente é o percorrido circular que describe o centro do epiciclo.

O ecuante é o punto en torno ao cal se move o planeta na súa traxectoria, aparentemente.

Para explicar a irregularidade do movemento dos planetas, Ptolomeo afirmaba que, se ben desde a Terra a velocidade planetaria non parece ser regular, si o era desde o punto ecuante.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Epiciclo

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]