Metrópole ortodoxa grega de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Metrópole de Galicia
—Unida á metrópole de Kiev
Período1302 - 1332, 1337 - 1347, 1371 - 1401
Información
IgrexaIgrexa Ortodoxa de Constantinopla
RitosRito bizantino

A metrópole de Galicia[1] ou de Halych (en ucraíno: Галицька митрополія, "Halychka mytropoliia") foi unha metrópole da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla, constituída arredor de 1302, que existiu durante certos intervalos até 1347, cando foi integrada na metrópole de Kiev e que foi restaurada en 1371, para subordinarse novamente á Kiev en 1401.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante o principado de Galicia-Volinia[editar | editar a fonte]

A finais do século XIII, logo da morte do metropolita de Kiev Cirilo III de Kiev, o seu sucesor Máximo moveu a sé ao principado de Vladimir-Suzdal, principal rival do principado de Galicia-Volinia na reclamación como estado sucesor do Rus de Kiev. Foi por iso que o príncipe León I de Galicia e o seu sucesor Xurxo I de Galicia pedíronlle ao Patriarca Ecuménico de Constantinopla a formación dunha nova metrópole para os principados do sur do Rus, incluíndo o de Galicia-Volinia.

Durante o nadal de 1302 - 1303 o patriarca de Constantinopla Atanasio I e o emperador bizantino Andrónico II emitiron unha carta pola que a diocese de Galicia foi elevada ao rango de metrópole; incluíndo ás dioceses de Galicia, Przemyśl, Volodymyr, Chełm, Lutsk e Turov.[2] O primeiro metropolita foi o grego Nifont, quen finou en 1305.

O metropolita Pedro de Kiev.

O príncipe Xurxo I de Galicia propuxo entón como metropolitano ao abade dun mosteiro preto do río Rata, Petro, quen aceptou, e foi enviado a Constantinopla para a aprobación do patriarca. Ao mesmo tempo, finou o metropolita de Kiev Máximo, que na realidade tiña a sé na cidade de Vladimir, e o Grande Duque de Vladimir Miguel enviou como candidato a sé ao abade Gerontius. Logo de moitas deliberacións, que se prolongaron até 1308, o patriarca decidiu combinar as dúas sés, elixindo a Petro como Metropolita de Kiev e toda a Rus, quen estabeleceu como primeira residencia Vladimir e Moscova.

Grazas aos esforzos do príncipe de Galicia-Volinia Bodeslao Xurxo II e do seu sogro o Grande Duque de Lituania Xediminas, o patriarca de Constantinopla Isaías restabeleceu a metrópole de Galicia, nomeando metropolitano a Havryil. En 1332 o metropolitano de Kiev Teognosto conseguíu do patriarca unha nova unificación das sés de Kiev e Galicia.

Entre os anos 1337 e 1338 o bispo de Galicia Fedir obtivo do patriarca de Constantinopla o restabelecemento da metrópole de Galicia, que á súa morte en 1347 foi novamente suprimida.

A etapa polaca[editar | editar a fonte]

Logo da caída do principado de Galicia-Volinia na década de 1340 por mor da guerra sucesoria de Galicia-Volinia, o territorio da diocese de Galicia quedou baixo a autoridade do Reino de Polonia, gobernado por Casimiro III o Grnade. O rei non quería que os seus súbditos dependeran do metropolita no territorio do Gran Ducado de Moscova, e pediu ao patriarca Filoteo a restauración da metrópole de Galicia.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Os metropolitas de Galicia foron os seguintes:

Os metropolitas de Galicia, Volinia e Lituania foron os seguintes:

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galiciano.
  2. Евгений Евсигнеевич Голубинский (1902). История Русской Церкви I. Moscova. p. 97. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]