Eparquía ortodoxa grega de Przemyśl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eparquía de Przemyśl
—Desaparecida en 1691 coa Unión
ПеремишльЦеркваІвана.jpg
Datos xerais
Erixidacomezos do século XIII
LocalizaciónGalicia central
Información
IgrexaIgrexa ortodoxa de Constantinopla
Outros datos
Sede centralPrzemyśl
Sambir
Sanok

A eparquía ou diocese de Przemyśl foi unha xurisdición ortodoxa mencionada por primeira vez a comezos do século XIII, como unidade administrativa da metrópole de Kíiv da Igrexa ortodoxa de Constantinopla. A sé existiu até 1691, cando aceptou definitivamente a Unión de Brest e pasou a formar parte da Igrexa greco-católica.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi unha das primeiras sés episcopais en Galicia, segundo varias fontes, fundada en 1026,[1] ou en 1087,[1] ou entre os anos 1117 e 1128.[2] En calquera caso, o primeiro bispo do que se ten noticia foi Antonii Andreikovych, cuxo nomeamento está aosciado co reinado en Galicia de Mstislav o Valente; isto permitiría datar máis tarde o estabelecemento dun bispado, entre 1219 e 1220.[3][4]

Inicialmente, a eparquía formaba parte da metrópole de Kíiv; porén, entre 1302 e 1332, entre 1337 e 1347, e entre 1371 e 1401, formou parte da metrópole de Galicia.

En 1422 o bispo Illia Isaiia foi o primeiro bispo en empregar o título de Przemyśl e Sambir; a diocese de Sambir existía dende o século XIII, e pouco máis tarde as sés foron unidas, pero o título dobre non se empregou até o pontificado de Illia.[4] O seu sucesor, o bispo Atanasii Drohoiovskyi, opúxose á Unión de Florencia.[4]

En 1596 o bispo Mykhailo Kopystenskyi asinou a declaración da Unión de Brest, mais posteriormente botouse atrás e foi excomungado polo metropolita de Kíiv Michal Rahoza.[4] O seu sucesor, Atanasii Krupetskyi, si foi partidario da Unión, pero os ortodoxos elixiron entón a outro bispo e expulsaron a Atanasii, o que provocou que durante arredor dun século conviviran as dúas xurisdicións (grecocatólica e ortodoxa).[4] En 1668, o bispo coadxutor ortodoxo Yurii Hoshovskyi pasou a vivir en Sanok, polo que os bispos pasaron a tomar o título de Przemyśl, Sambir e Sanok.[4] O último bispo ortodoxo foi Inokentii Vynnytskyi, quen traballou dende a súa elección pola unión, e que o 23 de xuño de 1691 asinou a acta de unión.[4]

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Воробьёв, Владимир (2006). История иерархии Русской Православной Церкви [Historia da xerarquía da Igrexa ortodoxa rusa]. Moscova: ПСТГУ. p. 367. 
  2. Щапов, Я. Н. (1989). Государство и церковь Древней Руси X-XIII вв. [Estado e igrexa da antiga Rus dos séculos X-XIII]. Moscova: Наука. p. 41. 
  3. Скочиляс, Ігор (2010). Войтович, Л., ed. "Початки християнства у прикарпатському реґіоні та заснування Галицької єпархії в середині xii століття" [Os inicios do cristianismo na rexión dos Cárpatos e a fundación da diocese galiciana a mediados do século XII] (PDF). Княжа доба: історія і культура (en ucraíno) (Lviv: Інститут українознавства ім. І. Крип'якевича HAH України) (3): 47–48. ISSN 2221-6294. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Shipman, Andrew (1911). "Diocese of Przemysl, Sambor, and Sanok". Catholic Encyclopedia 12. Nova York: Robert Appleton Company.