Eparquía católica caldea de Alqux
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 65.000 (1970) | |||
Lingua usada | lingua árabe | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Creación | 1960 | |||
Catedral | catedral de San Xurxo de Alqux | |||
A eparquía católica caldea de Alqux é unha sé da Igrexa católica caldea en Iraq, inmediatamente suxeita ao patriarcado de Babilonia. No ano 2024 tiña 10.000 bautizados. Dende o 8 de outubro de 2022 está gobernada polo bispo Bulus Zabit Habib.
Territorio
[editar | editar a fonte]A eparquía comprende a cidade de Alqux e outras áreas circundantes no norte de Iraq, especialmente na gobernación de Nínive: o distrito de Şêxan, o municipio de Alqux, a parte norte de Tal Kaif, e parte de Mezure. A sede episcopal sitúase na cidade de Alqux, onde se atopa a catedral de San Xurxo, a principal igrexa da eparquía. O territorio está organzizado nunha ducía de parroquias (2023).[1] Na diocese hai presenza da Orde Antoniana de Santo Hormisdas dos Caldeos, das Dominicanas de Santa Catarina de Siena, e das Irmás Caldeas Fillas de María Inmaculada.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O Sínodo Patriarcal de xuño de 1960 decidiu a creación da eparquía,[1] que foi estabelecida polo papa Xoán XIII o 24 de outubro de 1960 coa bula Splendida Orientalis, en territorios do patriarcado de Babilonia.[2]
Liturxia
[editar | editar a fonte]A diocese ten algunhas festividades e conmemoracións específicas: a festa do mosteiro de Rabban Hormisdas, a festa do mosteiro da Nosa Señora das Sementes, a festa do mosteiro de Mar Oraha, e as festas de santo Abdixu, san Mikha e san Qardag.[1]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Entre 1970 e 1990 os fieis da eparquía eran arredor de 13.000. A partir de entón, a poboación medrou ao longo dos anos até chegar aos máis de 32.000 católicos en 2009.[3] Dende entón, a persecución relixiosa e o éxodo da poboación fixeron baixar os números, até os 6.500 fieis en 2022.
Bispos
[editar | editar a fonte]- Abd Al-Ahad Sana (20 de decembro de 1960 - 3 de decembro de 2001, retirado)[4][1]
- Mikha Maqdasi (3 de decembro de 2001 - 8 de outubro de 2022, nomeado bispo auxiliar de Bagdad)[4][5][1]
- Bulus Zabit Habib (dende o 8 de outubro de 2022)[5][1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "ابرشية القوش". chaldeanpatriarchate.com (Páxina web oficial do Patriarcado de Bagdad) (en árabe). 5 de setembro de 2023. Consultado o 28/10/2024.
- ↑ "Constitutiones apostolicae Babylonensis chaldaeorum (Alcoshensis chaldaeorum) - Detractis territoriis a dioecesi patriarchali Babylonensi Chaldaeorum, nova dioecesis conditur, «Alcoshensis Chaldaeorum» nomine." (PDF). Acta Apostolicae Sedis (en latín) (Libreria Editrice Vaticana) LIII: 582–584. 1961. Consultado o 28/10/2024.
- ↑ Annuario Pontificio per l'anno 2010 (en italiano). Libreria Editrice Vaticana. 2010. ISBN 9788820983550.
- ↑ 4,0 4,1 Annuario pontificio. 2007. p. 109.
MIKHA POLA Maqdassi, n. in Alquoch 9 mar. 1949; ord. nell'anno 1973; el. 3 dic. 2001; cons. 1 febb. 2002 [...] Vescovo emerito (rin. 3 dic. 2001): S.E.R. Mons. ABDUL-AHAD Sana, n. in Araden, ep. di Amadiyah, 10 dic. 1922; ord. 15 magg. 1947; el. 20 dic. 1960; conf. 24 febb. 1961 [...]
- ↑ 5,0 5,1 Sala Stampa della Santa Sede, ed. (8 de outubro de 2022). "Dalle Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (B0748).
[...] trasferito S.E. Mikha Pola Maqdassi [...] a Vescovo Ausiliare del Patriarcato di Baghdad dei Caldei. [...] Succede nel governo [...] S.E. Thabet Habib Yousif Al Mekko