Enxeñaría xeotécnica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Enxeñería xeotécnica»)

A enxeñaría xeotécnica é a rama da enxeñaría xeolóxica que se encarga do estudo das propiedades mecánicas, hidráulicas e construtivas dos materiais provenientes da Terra. Os enxeñeiros xeotécnicos investigan o solo e as rochas por debaixo da superficie para determinar as súas propiedades e deseñar as cimentacións para estruturas tales como edificios, pontes, centrais hidroeléctricas etc

Usos e peculiaridades[editar | editar a fonte]

Os enxeñeiro xeotécnicos, ademais de entender os principios da mecánica e da hidráulica, necesitan un adecuado dominio dos conceptos básicos da xeoloxía. É de especial importancia coñecer as condicións baixo as cales determinados materiais foron creados ou depositados, e os posteriores procesos estruturais ou diaxenéticos (procesos metamórficos, de substitución, cristalización etc.) que sufriron.

Deseños para estruturas construídas por encima da superficie inclúen cimentacións superficiais (zapatas), cimentacións profundas (pilotes e muros de contención). Presas e diques son estruturas que poden ser construídas de solo ou rocha e que para a súa estabilidade e estanquidade dependen en gran medida dos materiais sobre os que están asentados ou dos cales se encontran rodeados. Finalmente os túneles son estruturas construídas a través do solo ou rocha e que dependen en gran medida das características dos materiais a través dos cales son construídos para definir o sistema de construción, a duración da obra e os custos.

Os enxeñeiros xeotécnicos tamén investigan o risco para os seres humanos, as propiedades e o ambiente de fenómenos naturais ou propiciados pola actividade humana tales como deslizamentos de terreo, afundimentos de terra, fluxos de lodo e caída de rochas.

Antes á xeotecnia identificábase como a mecánica de solos; pero o termo ampliouse para incluír temas como a enxeñaría sísmica, a elaboración de materiais xeotécnicos, melloramento das características do solo, interacción solo-estrutura e outros.

Considérase a Karl Terzaghi como o pai da enxeñaría xeotécnica e da mecánica de solos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]