Deslizamento de terra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Corremento de terra»)
Un corremento de terra no departamento de Cuzco, Perú (2018).

Un deslizamento de terra ou corremento de terra (chamados erroneamente alude ou aluvión nalgunhas partes), tamén chamado deslave,[1][2] é o desprazamento dunha masa grande de terra que se desprende por unha vertente ou ladeira, precipitándose por ela.[3]

Os corrementos de terra poden ser provocados por terremotos, erupcións volcánicas ou inestabilidade nas zonas circundantes, así como explosións causadas polo home para construcións.[4]

Os deslizamentos de barro ou lodo (deslaves) son un tipo especial de corremento cuxo causante é a auga que penetra no terreo por precipitacións fortes, modificándoo e provocando o deslizamento de terra. Isto ocorre con certa regularidade en varios lugares como California durante os períodos de chuvias.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Deslave - Información y Características". Geo Enciclopedia. 3 de decembro de 2014. Consultado o 29 de novembro de 2022. 
  2. "Deslaves – Servicio Nacional de Gestión de Riesgos y Emergencias". www.gestionderiesgos.gob.ec. Consultado o 29 de novembro de 2022. 
  3. Investigation and Monitoring, Landslides (11/19/2020). Ray, Ram, ed. "Landslides - Investigation and Monitoring". IntechOpen. ISBN 978-1-7898-5824-2. 
  4. Le Bas, T.P. (2007). Lykousis, Vasilios, ed. "Submarine mass movements and their consequences: 3rd international symposium". Springer. ISBN 978-1-4020-6511-8. 
  5. Easterbrook, Don J. (1999). Surface Processes and Landforms. Upper Saddle River: Prentice-Hall. ISBN 0-1386-0958-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • M. Gascón et al (2005): Vientos, Terremotos, Tsunamis y otras catástrofes naturales. Historia y casos Latinoaméricanos. Buenos Aires: Editorial Biblos. ISBN 950 786 498 9.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.