Ensaimada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ensaimadas

A ensaimada[1] (do catalán ensaïmada, de saïm, manteiga de porco) é un produto de repostería típico da illa de Mallorca. Trátase dun alimento de masa azucrada, fermentada e enfornada con forma de caracol, elaborada con fariña de forza, auga, azucre, ovos, masa nai e manteiga de porco (saïm en catalán).

É habitual atopala sen guarnición, aínda que tamén pode encherse de cabelo de anxo, nata, crema ou sobrasada, entre outros produtos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ensaimada.