Enrique Tojo
Enrique José Tojo Blanco, nado o 1 de marzo de 1933 na Escravitude (Padrón) e falecido en Rois o 7 de marzo de 2013, foi un político e empresario galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Empresario do sector da madeira, foi elixido alcalde de Rois en 1990 a través dunha moción de censura. Encabezou a lista municipal do Partido Popular de Galicia nas eleccións locais de 1991, e obtivo unha ampla maioría absoluta, que revalidou nas municipais de 1995 e de 1999. Porén, a súa baixa nas locais de 2003 levouno a perder a maioría absoluta e a saír do goberno, o que acabou por ser a súa despedida da vida política, onde foi substituído polo fillo.
Predecesor: Francisco Eiras Leis |
![]() Alcalde de Rois 1990 - 2003 |
Sucesor: Xosé Manuel Penas Patiño |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Estaba casado e vivía na parroquia de Antequeira, na parroquia de Oín. O seu fillo, Ramón Tojo Lens, tamén foi alcalde de Rois.