Enrique Pena Vila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Pena Vila
Nacemento19 de xuño de 1899
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndebuxante e político
editar datos en Wikidata ]

Enrique Pena Vila, nado na Coruña o 19 de xuño de 1899, foi un debuxante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Artes Gráficas. Foi árbitro de fútbol. Militante das Juventudes Socialistas, das que foi presidente en 1933. Foi elixido membro do Comité directivo da Agrupación Socialista da Coruña en abril de 1932.[1] Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido. Foi proclamado candidato a deputado a Cortes nas eleccións de 1936. Despois integróuse nas JSU. En abril de 1936 participou nun atentado frustrado contra o xeneral Carlos Bosch Bosch. Foi editor da revista Ciaboga da Federación de Remo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu agochado. O 5 de agosto de 1942 foi detido. Xulgado en causa militar por rebelión o 26 de xuño de 1943. Condenado a pena de morte foille, conmutada por cadea perpetua. Beneficiouse de varios indultos e saíu da prisión en abril de 1949.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 27-4-1932, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]