Saltar ao contido

Enrique Angelelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEnrique Angelelli

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Enrique Ángel Angelelli Carletti Editar o valor en Wikidata
17 de xullo de 1923 Editar o valor en Wikidata
Córdoba, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte4 de agosto de 1976 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Punta de los Llanos, Arxentina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Roman Catholic Bishop of La Rioja (en) Traducir
3 de xullo de 1968 –
← Horacio Arturo Gómez Dávila (en) TraducirBernhard Heinrich Witte (pt) Traducir →
Diocese: Diocese de La Rioja (pt) Traducir
Bispo auxiliar
12 de decembro de 1960 –
Bispo titular
12 de decembro de 1960 –
Diocese: Lystra (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1961–), sacerdote católico (1949–), teólogo Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónRamón José Castellano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa17 de xullo Editar o valor en Wikidata

Enrique Angelelli, nado en Córdoba o 18 de xullo de 1923 e finado en A Rioxa o 4 de agosto de 1976, foi un bispo católico arxentino.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Asesor da Juventud Obrera Católica, activo nas vilas miseria de Córdoba, foi profesor de doutrina social da Igrexa. Nomeado por Xoán XXIII bispo auxiliar de Córdoba, foi reitor do Seminario Maior e participou no Concilio Vaticano II. Involucrouse en conflitos laborais a prol dos desfavorecidos. Convocou campañas contra a fame.

Paulo VI nomeouno bispo da Rioxa. Alí promoveu a formación de cooperativas de labregos e deu azos á organización sindical de mineiros, peóns rurais e empregadas domésticas. Recibiu ataques de latifundistas.

Tras o golpe militar, manifestou a súa oposición á ditadura. Pereceu ao pouco tempo en circunstancias pouco claras, tras oficiar unha misa por dous sacerdotes asasinados. Oficialmente afirmouse que fóra vítima dun accidente de automóbil. Os bispos Jaime de Navares, Jorge de Novak e Miguel Hasayne, por exemplo, apoiaron a hipótese dun asasinato, que foi investigada de forma inconclusa pola Igrexa Católica arxentina. Quen logo sería papa Francisco, o cardeal Bergoglio, deu unha misa na súa honra.