Encoro de Tominé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 4°57′14″N 73°50′24″O / 4.954, -73.84

Encoro de Tominé.

O encoro de Tominé é un corpo de auga que se estende por terreos da cabeceira municipal de Guatavita e o concello de Sesquilé, concellos que se atopan ao norte de Bogotá. Este encoro forma parte do sistema hídrico da sabana de Bogotá xunto cos encoros do Sisga e Neusa. Ten unha lonxitude de 18 quilómetros de longo por 4 de ancho e 50 metros de media de profundidade, con capacidade para 690 000 000 de metros cúbicos de auga, polo que se converteu nunha reserva de vital importancia para a rexión. A súa capacidade é sete veces meirande ca a do Sisga e ca a do Neusa.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Observatorio Latinoamericano de Conflictos Ambientales. "CAR ordena medidas para descontaminar el embalse de Tominé". Consultado o 26 de maio de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]