Encontros de Música Tradicional de Carboeiro
Encontros de Música Tradicional de Carboeiro | |
---|---|
![]() | |
Datos da festa | |
Lugar | Mosteiro de Carboeiro |
Comezo | 2000 |
Data | 1ª fin de semana de xuño |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Os Encontros de Música Tradicional de Carboeiro son unha festa folclórica galega, que se celebra anualmente no Mosteiro de Carboeiro, durante a primeira fin de semana de xuño.
Historia
[editar | editar a fonte]En 2003 tres asociacións culturais do concello de Silleda (Adellis, Dame Lume e Asociación Xuvenil Os Ultreias) uníronse para organizar unha reunión de músicos tradicionais na contorna do mosteiro de Carboeiro. Para tal finalidade crearon a Asociación Intercultural dos encontros de musica tradicional de Carboeiro, unha asociación cultural que "formalizou" unhas xuntanzas que xa se iniciaran, se ben dun xeito máis informal, no ano 2000. A filosofía da festa é reproducir as antigas foliadas tradicionais ás que asistían os mozos das parroquias limítrofes.
Os Encontros de Carboeiro celébranse durante dous días. Comezan o sábado arredor das 12 da maña cunha xuntanza de todos os gaiteiros no patio do mosteiro. Os músicos amenizan a seguir un xantar popular nas campas de Carboeiro. Pola tarde e noite sucédense as actuacións de músicos, contacontos, cantares de cego, representacións teatrais ao tempo que teñen lugar exposicións e representacións teatrais. Pola noite ten lugar un concerto no interior do mosteiro, e no día seguinte, o domingo, sácase en procesión á Santa Ferreña, a patroa dos encontros.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Asoc.intercultural dos encontros de musica tradicional de Carboeiro Santa Ferreña". www.bandeira.org. Consultado o 2023-06-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Foliada en Carboeiro - TVG (Alalá nº 218 - 2017)