Emilio Villelga Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio Villelga Rodríguez
Nacemento27 de outubro de 1846
 Santiago de Compostela
Falecemento23 de xuño de 1934
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Emilio Antonio Villelga Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 1846 e finado na mesma cidade o 23 de xuño de 1934[1], foi un sacerdote, teólogo e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cusou estudos de profesor mercantil na Coruña e despois fixo o bacharelato en Santiago de Compostela. Ingresou no Seminario de Compostela, fíxose doutor en Teoloxía e foi profesor do Seminario. Foi profesor de grego, hebreo e alemán no Instituto de Santiago e cara a 1900 foi profesor de Relixión e Moral na Escola Normal Superior de Santiago[2].

Viaxou por varios países de Europa. Foi redactor de El Porvenir, dirixiu Galicia Católica e colaborou en La Revista Popular e El Requeté. Participou nos Xogos florais de Pontevedra o 18 de agosto de 1887 co texto Unha festa en Louxo.

Beneficiario da Catedral de Santiago de Compostela, foi elixido correspondente da Real Academia Galega o 2 de abril de 1907.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Continuación de los apuntes. Pequeñas conferencias dadas en la Juventud Católica, 1882.
  • Apuntes filosófico-religiosos. Estudio psicológico, 1883.
  • Discurso inaugural del curso académico de 1885 a 1886 en el Seminario Central Compostelano, 1885.
  • El ángel de las escuelas, 1885.
  • Estudios de apologética general acomodada á las necesidades, 1887.
  • La libertad de pensamiento dentro del dogma, 1888.
  • Discurso de apertura de curso, año de 1895-1896, 1895.
  • Curso elemental de Apologética contemporánea, 1902.
  • Minúsculas (Año Santo de 1909), 1910. Prólogo de Antonio Rey Soto.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Los dogmas del credo de Mons. Bougaud, 1904.
  • El dolor de Mons. Bougaud, 1913.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Compostelano, 23-6-1934, p. 3.
  2. MARCO LÓPEZ, Aurora e PORTO UCHA, Anxo Serafín: A Escola Normal de Santiago de Compostela. De Escola Normal Superior a Escola Universitaria (1849-1996). Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Campus Sur Universitario, 2000, ISBN 84-8121-854-5, p. 368.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]