Conversa:Emilio Villelga Rodríguez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Imaxe de Emilio Villelga[editar a fonte]

No libro "As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX", de Carlos Castelao (Consorcio de Santiago / Alvarellos Editora, 2018), hai publicada unha imaxe deste xornalista na páxina 176, obra da sociedade fotográfica de Ferrant e Chicharro. Saúdos!--Castelao (conversa) 19 de xullo de 2019 ás 14:29 (UTC)[responder]

Castelao, entón é o teu libro non? :) Sabes se esa foto está libre de dereitos de autor? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2019 ás 15:12 (UTC)[responder]
Pertence á miña colección/arquivo. O autor faleceu hai 139 anos e o retratado hai 85 anos. Acho que está libre de dereitos e basta referir a fonte de onde se extrae. Non estou seguro ao 100% sobre se a propiedade do orixinal outorga dereitos de reprodución, sobre todo se é considerada unha obra artística e non meramente un testemuño fotográfico. É o que podo dicir. Pola miña banda, non hai problema en reproducir, sempre que se cite a fonte. Espero que a resposta poida aclarar algo. Saúdos!--Castelao (conversa) 19 de xullo de 2019 ás 15:34 (UTC)[responder]
Se o que fixo a foto morreu hai 139 anos entón está en DP "mallao" :) Ter a propiedade do orixinal outorga o dereito de dar permiso a acceder a ela simplemente, é dicir, ti ensínaslle esa foto, e déixaslle facer copias a quen ti queiras, e como queiras, pero esa imaxe está en dominio público e se calquera persoa publica unha reprodución dela, sen facerlle modificacións salientables, esa reprodución tamén estará en DP. Tal e como o entendo eu, claro... Se ti tes o orixinal podes subila a Commons se queres, indicando o autor orixinal e a fonte de onde a colles, o teu libro, indicando os seus datos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2019 ás 21:12 (UTC)[responder]