Emilio Higuero Cardoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio Higuero Cardoso
Nacemento28 de xaneiro de 1930
Lugar de nacementoArzádegos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Emilio Higuero Cardoso, nado en Arzádegos (Vilardevós) o 28 de xaneiro de 1930[1], é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse no colexio da Garda Civil de Valdemoro. Emigrou ao Brasil e Suíza e ao retornar a Galicia instalouse en Lobeira.

Iniciouse na actividade política nas eleccións municipais de 1983 cando foi elixido alcalde de Lobeira por Coalición Galega. Volveu ser elixido alcalde nas municipais de 1987 por Alianza Popular. En outubro de 1987 foi condenado pola Audiencia provincial de Ourense por un delito de denegación de auxilio, a catro meses de suspensión de cargo público e 30.000 pesetas de multa.[2] Continuou exercendo como alcalde ata 2015 excepto durante os tempo en que estivo inhabilitado por unha sentenza xudicial. Nas municipais de 2011 mantívose como alcalde por ser o candidato da lista máis votada, ao fracasar un pacto entre o BNG e Xuntos Por Lobeira.[3]


Predecesor:
Antonio Álvarez Lamas
 Escudo de Lobeira.svg
Alcalde de Lobeira
 
1983 - 1987
Sucesor:
Manuel Recarei García


Predecesor:
Manuel Recarei García
 Escudo de Lobeira.svg
Alcalde de Lobeira
 
1995 - 2015
Sucesor:
Antonio Iglesias Álvarez


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Higuero Cardoso, Emilio". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 292. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. La Voz de Galicia, 6-10-1987, p. 16.
  3. "O veterano Cardoso mantén Lobeira en minoría tras encallar o pacto entre XXL e BNG". Faro de Vigo. 12 de xuño de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]