Emigración arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Embaixadas arxentinas no mundo.

A Arxentina foi antigamente un país de inmigración considerable, fundamentalmente no período comprendido entre as décadas de 1880 e 1930, onde inmigrantes principalmente españois e italianos protagonizaron o último achegue á composición étnica do país. Os arxentinos tiveron un aumento como emigrantes a partir do último terzo do século . A Organización Internacional para as Migracións (OIM) indicou en 2012 en 971.698 o número de arxentinos no exterior. Por lonxe, os dous destinos favoritos dos arxentinos son España (30,0 %) e Estados Unidos (23,3 %) no 1° e 2° posto, respectivamente, que xuntos concentran máis da metade do total de arxentinos no exterior (53,3%). Considerando datos a 2020 do Portal de datos mundiais sobre a migración, existen 1.1 millóns de emigrantes arxentinos no mundo (non se contan necesariamente os de segunda xeración e posteriores).[1] Isto supón un incremento do 54.9% fronte aos emigrantes que había no 2010 e implica que os emigrantes representan o 2.5% do total de persoas nadas na Arxentina.[2]

A emigración arxentina concentrouse sobre todo en varios períodos históricos, o primeiro despois do golpe de estado de 1966 que produciu unha emigración moi cualificada de técnicos e científicos, logo durante a ditadura militar de 1976 a 1983, despois durante o ano 1989 e 1991 durante un proceso de hiperinflación houbo unha masiva emigración ós Estados Unidos e Europa e o segundo durante a crise de decembro de 2001, que ocorreu no goberno de Fernando de la Rúa, a Arxentina converteuse nun dos países de maior emigración na América Latina, sendo a maioría dos arxentinos que emigran profesionais altamente cualificados.[3][4]

A pesar disto, a Arxentina presenta un porcentaxe baixo de cidadáns residindo fóra do país en comparación co total da poboación, sendo este do 2,22% en 2017 segundo a Organización das Nacións Unidas (ONU). Isto é baixo se se compara con outros países da rexión; por exemplo, Paraguai, un país fronteirizo coa Arxentina, ten un 12,56% dos seus cidadáns vivindo no exterior, o cual é unha das taxas máis altas en toda América Latina.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira onda de emigración produciuse durante a última ditadura militar, tendo como destinos principais España, os Estados Unidos, México, Venezuela e Israel. Durante os anos 90, debido á supresión de vísalas entre a Arxentina e os Estados Unidos, miles de arxentinos emigraron cara alí. A última grande onda de emigración deuse durante a crise financeira do ano 2001, onde se dirixiron maiormente a Europa, en particular España tras a cal 800.000 arxentinos fóronse do país.[5] En 2017, segundo datos do Instituto de Políticas de Migracións e Asilo da Universidade Nacional de Tres de Febreiro, a Arxentina converteuse nun dos países de maior emigración na rexión, sendo a maioría dos arxentinos que se van profesionais altamente cualificados.[4]

En 2010, en resposta á crise, as medidas de axuste e os fortes niveis de desocupación que atravesan países previamente receptores de inmigrantes (como España), se revertio a migración, retornando á Arxentina gran cantidade dos que emigraran. Só en 2010, repatriáronse 12.237 arxentinos.[6][7][8] Creceu a cantidade de emigrados chegando a un pico de 1 millón de persoas en 2019. [1]

A partir do 2019 e a posterior pandemia do COVID-19 observouse unha nova corrente emigratoria na Arxentina, esta vez composta na súa maioría por mozos formados profesionalmente e sen necesidades económicas básicas, en busca de maior estabilidade económica e financeira. En 2020 emigraron 17.902 persoas contra os 14.503 arxentinos que reingresaron ao país desde o exterior, en 2021 rexístranse 12.203 saídas e 9807 chegadas. Para o ano 2023 ao redor de 17.809 arxentinos saíron do país versus 7801 que chegaron.[9][10][11][12] Repatriáronse 12.237 arxentinos.[13][14]

Destino[editar | editar a fonte]

Os destinos de migración máis populares en América son: os Estados Unidos, Chile, Paraguai, o Brasil, o Uruguai, Bolivia e o Canadá, aínda que tamén hai outras colectividades de menor tamaño en Venezuela, México, o Perú, Colombia, Panamá, Ecuador e Costa Rica. En Europa, España e Francia concentran a maior cantidade de arxentinos, e tamén hai comunidades numerosas no Reino Unido, Italia e Alemaña. Ademais, hai importantes colonias en Israel e Australia. Segundo o último informe migratorio da OIM, para 2012 había un total de 971.698 emigrantes arxentinos.[15] Calcúlase que os seus descendentes serían ao redor de 1.900.000.[16]

Posto País de inmigración Poboación Porcentaxe
1.º  España 291 740 30,0 %
2.º  Estados Unidos 224 952 23,3 %
3.º  Chile 102 539 10,1 %
4.º  Paraguai 59 115 6,1 %
5.º  Israel 48 312 4,0 %
6.º  Bolivia 45 424 4,7 %
7.º  Brasil 27 700 2,9 %
8.º  Uruguai 22 743 2,3 %
9.º  Canadá 19 210 2,0 %
10.º  México 18 171 1,4 %
11.º  Francia 17 999 1,8 %
12.º  Australia 14 190 1,5 %
13.º  Italia 11 239 1,2 %
14.º  Reino Unido 9 002 0,9 %
15.º  Venezuela 8 533 0,9 %
16.º  Perú 9 100 0,8 %
17.º  Alemaña 7 391 0,8 %
18.º   Suíza 5 706 0,6 %
19.º  Costa Rica 4 292 0,5 %
20.º  República Dominicana 3 940 0,4 %
21.º  Xapón 3 893 0,4 %
22.º  Suecia 3 220 0,3 %
23.º  Ecuador 2 700 0,3 %
24.º  Países Baixos 2 644 0,3 %
25.º  Colombia 2 570 0,3 %
26.º  Bélxica 1 835 0,2 %
28.º  Portugal 1 465 0,2 %
29.º  Dinamarca 1 302 0,1 %
30.º  Austria 1 166 0,1 %
31.º  Panamá 1 154 0,1 %
32.º  Nova Zelandia 994 0,1 %
Outros países 33 733 3,1 %
TOTAL 971 698 100 %

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Global Migration Data Portal" (en castelán). Consultado o 2021-05-02. 
  2. "Migración en Latinoamérica y el Caribe" (en castelán). Consultado o 2021-05-02. 
  3. "El golpe en números". El Destape. 24 de marzo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "Argentina se convirtió en un polo de emigración". Untref. 27 de novembro de 2017. 
  5. "Desde la crisis del 2001, 800.000 argentinos se fueron del país". Infobae. 12 de agosto de 2009. 
  6. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2014. Consultado o 4 de marzo de 2012. 
  7. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2015. Consultado o 4 de marzo de 2012. 
  8. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2013. Consultado o 4 de marzo de 2012. 
  9. Perfil Migratorio en Sudamérica Cap. III Organización Internacional para las Migraciones. Nov 2023. p. 26. ISBN 978-92-9068-654-61.
  10. "¿La única salida es Ezeiza?: los datos de cuántos argentinos se fueron a vivir a otro país en el último año" (en castelán). Consultado o 2023-01-23. 
  11. de 2020, Por Ximena Casas25 de Julio. "En la pandemia aumentó el deseo de emigrar de muchos argentinos: buscan estabilidad económica, desarrollo profesional y menos presión tributaria" (en castelán). Consultado o 2023-01-23. 
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2014. Consultado o 13 de marzo de 2024. 
  13. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2015. Consultado o 4 de marzo de 2012. 
  14. de 2022, 11 de xaneiro. "“Fuga de cerebros sin precedentes”: un informe de la TV suiza retrata la emigración argentina de jóvenes profesionales" (en castelán). Consultado o 2023-01-23. 
  15. Perfil Migratorio Argentino 2012
  16. "La otra cara, los que se fueron". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]