O emblema de Angola reflicte o pasado recente da nación. Na súa versión actual data do ano 1990, momento no que se cambiou o nome oficial do estado, de «República Popular de Angola» polo actual «República de Angola». Porén, o emblema conserva a imaxe marxista do escudo orixinario, elementos que se repiten tamén na bandeira nacional.