Embiotócidos
Os embiotócidos (Embiotocidae) son unha familia de peixes mariños e de auga doce incluída na orde Perciformes.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Alcanzan tamaños máximos de 45 cm (Rhacochilus toxotes). Posúen unha aleta dorsal con 6-11 radios espiñosos (Hysterocarpus traski ten 15-19 e 9-28 radios brandos; na aleta anal, 3 espiñas e 15-35 radios brandos. A aleta caudal é aforquitada. Na liña lateral hai de 35 a 75 escamas.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]A maior parte das especies viven en cursos de auga doce de América, mentres que algunhas se distribúen polo norte do océano Pacífico norte.
Son vivíparos: o macho usa a parte anterior da aleta anal para introducir o seu seme na femia, e os embrións desenvólvense dentro desta. Desta característica deriva o seu nome, do grego embios, persistente, e tokos, -ou, nacemento.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Clasifícanse en 13 xéneros (WORMS):
- Amphistichus
- Brachyistius Gill, 1862
- Cymatogaster Gibbons, 1854
- Ditrema
- Embiotoca L. Agassiz, 1853
- Hyperprosopon
- Hypsurus Agassiz, 1861
- Hysterocarpus
- Micrometrus
- Neoditrema
- Phanerodon Girard, 1854
- Rhacochilus
- Zalembius
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Embiotócidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Embiotócidos |