Embiotócidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Embiotoca lateralis
togaster aggregata

Os embiotócidos (Embiotocidae) son unha familia de peixes mariños e de auga doce incluída na orde Perciformes.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Alcanzan tamaños máximos de 45 cm (Rhacochilus toxotes). Posúen unha aleta dorsal con 6-11 radios espiñosos (Hysterocarpus traski ten 15-19 e 9-28 radios brandos; na aleta anal, 3 espiñas e 15-35 radios brandos. A aleta caudal é aforquitada. Na liña lateral hai de 35 a 75 escamas.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

A maior parte das especies viven en cursos de auga doce de América, mentres que algunhas se distribúen polo norte do océano Pacífico norte.

Son vivíparos: o macho usa a parte anterior da aleta anal para introducir o seu seme na femia, e os embrións desenvólvense dentro desta. Desta característica deriva o seu nome, do grego embios, persistente, e tokos, -ou, nacemento.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Clasifícanse en 13 xéneros (WORMS):

  • Amphistichus
  • Brachyistius Gill, 1862
  • Cymatogaster Gibbons, 1854
  • Ditrema
  • Embiotoca L. Agassiz, 1853
  • Hyperprosopon
  • Hypsurus Agassiz, 1861
  • Hysterocarpus
  • Micrometrus
  • Neoditrema
  • Phanerodon Girard, 1854
  • Rhacochilus
  • Zalembius

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]