Emanuel Bouzon
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de xaneiro de 1933 Manaus |
| Morte | 2006 Río de Xaneiro |
| Causa da morte | cancro de pulmón |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Pontificio Instituto Bíblico Pontificia Universidade Católica de Río de Xaneiro Pontificia Universidade Gregoriana Universidade de Münster |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, sacerdote católico |
| Empregador | Pontificia Universidade Católica de Río de Xaneiro |
Manuel Bouzón, coñecido como Emanuel Bouzon, nado o 8 de xaneiro de 1933 en Manaus e finado en 2006, foi un sacerdote católico, asiriólogo e especialista no Antigo Testamento brasileiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de inmigrantes galegos, graduouse en 1954 en Filosofía pola Pontificia Universidade Católica do Río de Xaneiro, PUC-RJ, graduouse tamén en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana (Italia) en 1958. Especializouse en 1964 en Asirioloxía e Historia Antiga pola Westfälische Wilhelms Universität Münster, Alemaña.
No ano 1960 remata o mestrado en Historia Antiga Oriental, no Pontificio Instituto Bíblico, Italia, coa disertación As Corporações Proféticas no Antigo Israel, baixo a dirección de Ernst Vogt. Na mesma institución doutorouse, en 1969, coa tese: Die Prophetenkorporationen in Israel und im Alten Orient, tamén baixo dirección de Ernst Vogt.
Obra
[editar | editar a fonte]Entre os numerosos traballos e traducións destaca a tradución do Código de Hammurabi para a lingua portuguesa. Ao falecer Bouzon finalizaba a tradución da epopea de Gilgamesh.
Era profesor do Departamento de Teoloxía da PUC-Río e tamén daba clases no Departamento de Historia da mesma Universidade.