Elvira López Mourín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElvira López Mourín
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1893 Editar o valor em Wikidata
Río, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xullo de 1961 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónCruz Vermella Española Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenfermeira militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra do Rif Editar o valor em Wikidata

Elvira López Mourín, nada en San Martiño de Río, Láncara, en 1891[1] ou o 3 de setembro de 1893,[2] foi unha enfermeira militar española e a primeira da aviación sanitaria de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elvira López Mourín naceu, segundo o Libro dos Bautismos de San Martín de Río, o 3 de setembro de 1893; [2] aínda que 1891 é o ano de nacemento dado por outras fontes.[1] Marchou a estudar a Madrid e aínda que non sabía ler nin escribir, pasou a formar parte do primeiro grupo de enfermeiras profesionais formado por cinco mulleres.[3]

Foi unha enfermeira militar de profesión sanitaria[4] que formou parte da primeira promoción de mulleres formada pola Cruz Vermella Española co plan académico oficial de 1915.[4]

En agosto de 1918, xunto con outras catro mulleres, formou parte da primeira promoción de enfermeiras profesionais do Hospital da Cruz Vermella de San José e Santa Adela de Madrid.[3] Catro anos despois ingresou no Hospital de Melilla no Protectorado de Marrocos.[1][5]

Na noite do 1 de novembro de 1922, durante a Guerra do Rif, que enfrontou a España e Francia contra as forzas rebeldes marroquís, formou parte dunha expedición aérea médica de tres avións. [1] Logo presentouse voluntaria para voar desde o aeródromo de Nador (Melilla) ata o campamento militar de Dar Drius como parte do equipo cirúrxico do comandante médico Víctor Nogueras para atender a 366 feridos dos combates na posición de Tizzi Azza . Elvira López non tiña naquel momento a obriga de voar nun avión de guerra, por ser muller, pero si o fixo. A súa decisión converteuse na primeira enfermeira en participar tanto no primeiro voo sanitario realizado en España, o primeiro transporte aéreo de feridos, como nun dos primeiros voos nocturnos da aviación española.[4][5]

Recoñementos[editar | editar a fonte]

En 1922 Elvira López Mourín foi considerada polos medios españois como unha heroína de guerra, sendo recibida por diversas autoridades. O 7 de novembro tivo audiencia co presidente do Consello de Ministros, José Sánchez Guerra; o día 11 a raíña Vitoria Eugenia deulle unha recepción á enfermeira; e o día 20 o rei Afonso XIII concedeulle unha audiencia no Palacio Real onde foi felicitada pola súa actuación.[1][4]

Foi elixida en 2020 por Correos como protagonista do selo postal conmemorativo do Ano Internacional das Enfermeiras e Parteras, declarado un ano antes pola Comisión Filatélica Estatal.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Porto, Lucía (5 de xuño de 2020). "Correos homenajea con un sello a la enfermera lancaresa Elvira López" (en castelán). Consultado o 9 de xuño de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Libro III de Bautismos, folio 139 V, San Martín de Río (1852-1897)
  3. 3,0 3,1 González Canomanuel, M. A. (2017-03). "Elvira López Maurín, la primera enfermera militar de la aviación sanitaria española: la historia de un acto heroico olvidado" 73 (1): 68–74. ISSN 1887-8571. Consultado o 11 de junio de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Sánchez-Morate, Inma (9 de xuño de 2020). "El promotor del sello conmemorativo del año de la enfermería es un médico de Toledo" (en castelán). Consultado o 9 de xuño de 2020. 
  5. 5,0 5,1 Romero, Gema (7 de junio de 2020). "Correos rinde homenaje a las enfermeras españolas con un sello" (en castelán). Consultado o 9 de junio de 2020. 
  6. "La OMS declara 2020 el año de la enfermera y la matrona". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]