Elvira Cienfuegos López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElvira Cienfuegos López
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Lourenzá, España Editar o valor em Wikidata
Concelleiro
2007 – 2011
Concelleiro
2003 – 2007 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , catedrática de bacharelato , bióloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Elvira Cienfuegos López, nada en Lourenzá en 1953, é unha catedrática de bacharelato e política galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Bioloxía e Farmacia, traballou como catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no instituto Xelmírez II de Santiago de Compostela[2].

Militante do BNG,[3] presentouse ás eleccións xerais de 2008 pola Coruña.[4] Foi concelleira no Concello de Santiago de Compostela entre os anos 2003 e 2011; primeiro como concelleira de Educación e Mocidade e máis tarde á fronte da Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible entre os anos 2007 e 2011.[1][5] Dende esta concellería impulsou a creación das hortas urbanas en Santiago de Compostela[6]. En abril de 2017 foi elixida responsable comarcal do BNG para a área de Santiago.[7]

Ten longa traxectoria no movemento ecoloxista en Galicia a través da súa relación coa asociación ADEGA[8], onde colaborou na organización de rutas e excursións de sensibilización ambiental por Galicia. En 2015 aparece como vogal no padroado inicial da Fundación Eira.[9]

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Elvira Cienfuegos López". Gran Enciclopedia Galega. Apéndice 2010-2015. Vieiros. 2015. p. 249. ISBN 9788493297084. 
  2. "Homenaxe a Elvira Cienfuegos, que deixa a Corporación despois de 12 anos ao servizo da cidade". BNG Santiago de Compostela. Consultado o 28/05/2024. 
  3. "Consello Nacional". BNG - Bloque Nacionalista Galego (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  4. "Elecciones a Cortes Generales 2008". Ministerio del Interior (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2010. Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  5. "Firmado el acuerdo de gobierno para la tercera coalición de PSdeG y BNG en Santiago". institucions.galiciadigital.com. Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  6. "«Non se pode vivir como vivimos neste mundo porque a Terra non dá para máis»". Programa Prensa-Escuela La Voz de Galicia. Consultado o 28/05/2024. 
  7. "Elvira Cienfuegos regirá el BNG comarcal tras ser elegida por unanimidad". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de abril de 2017. Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  8. "«O alumnado almorza mal»". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de outubro de 2000. Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  9. "Resolución del DOG nº 81 de 2015/4/30 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Elvira Cienfuegos López". Gran Enciclopedia Galega. Apéndice 2010-2015. Vieiros. 2015. p. 249. ISBN 9788493297084. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]