Eloy Terrón Abad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eloy Terrón Abad, nado en Fabeiro (O Bierzo) en 1919 e finado o 25 de maio de 2002, foi un filósofo español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de César Terrón Abad. Dende 1934 traballou como aprendiz de mecánico e de electricista nas minas do Bierzo. O 19 de xullo de 1936 formou parte con seu irmán César no Comité de defensa organizado en Villafranca del Bierzo. A finais de outubro de 1937 incorporouse ao grupo guerrilleiro do seu irmán. Cunha bronquite mal curada, pouco tempo despois de ingresar na partida, decidiu entregarse ás autoridades, pois non podía deixar de tusir, o que puña en constante perigo ao seus compañeiros. Condenado por adhesión á rebelión,

Fixo o bacharelato en León (1942-1945), a licenciatura de filosofía e letras en Oviedo e Murcia (1946-1948), e superou o exame de grao en Madrid (1950). Traballou na ensinanza media privada durante uns anos e en 1958 defendeu a súa tese de doutoramento: La importación de la filosofía krausista en España, dirixida por Santiago Montero Díaz. Ese ano iniciou un intercambio intelectual co biólogo evolucionista Faustino Cordón, como documentalista do seu equipo de investigación. Foi profesor axudante de prácticas de Montero Díaz na Facultade de Filosofía e Letras (1955-1958) e profesor adxunto interino do catedrático José Luis López Aranguren (1958-1965). En decembro de 1965 dimitiu como profesor de ética e socioloxía, como protesta pola destitución de Aranguren e outros profesores.

Volveu á Universidade Complutense en 1979, como membro do equipa docente de teoría da comunicación dirixido por Manuel Martín Serrano na Facultade de Ciencias da Información. Xubilouse en 1986, pero continuou na docencia como profesor de Historia da Cultura no Centro Superior de Deseño da Universidade Politécnica de Madrid, ata 1994.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]