Eloy Páramo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Morte | 21 de xaneiro de 1918 |
Alcalde de Baleira | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Eloy Páramo Díaz, nado no século XIX e finado o 21 de xaneiro de 1918, foi alcalde de Baleira a finais do século XIX[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de ser varios anos alcalde de Baleira, en 1906 foi nomeado oficial do negociado de ferrocarrís do Ministerio de Fomento[2].
Colaborou na revista Acción Gallega,[3], voceira do movemento Acción Gallega, de carácter agrario e anticaciquil, da que foi xerente[4]. En setembro de 1910 participou na Fonsagrada nun mitin, entre outros, xunto a Manuel Portela Valladares e Alfredo Vicenti[5].
Foi un dos impulsores da "Casa de Galicia" en Madrid[6]. Na xunta directiva era bibliotecario [7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Regional, 5 de xaneiro de 1894, px. 2.
- ↑ El Norte de Galicia, martes, 25 de setembro de 1906, px. 2.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 26 de xullo de 1910, px. 3.
- ↑ Vida Gallega, outubro de 1911, px. 39.
- ↑ El Regional, venres, 9 de setembro de 1910, px. 1.
- ↑ Vida Gallega, novembro de 1913, px. 25.
- ↑ El Regional, 4 de xuño de 1914, px. 2.