Elle s'appelait Sarah
Elle s'appelait Sarah | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Elle s'appelait Sarah |
Director | Gilles Paquet-Brenner |
Produtor | Stéphane Marsil |
Intérpretes | Kristin Scott Thomas Mélusine Mayance Niels Arestrup Frédéric Pierrot |
Música | Max Richter |
Fotografía | Pascal Ridao |
Montaxe | Hervé Schneid |
Estrea | 2010 |
Duración | 111 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Drama |
Orzamento | $10 000 000 |
Recadación | $21 118 093 |
Na rede | |
Elle s'appelait Sarah é un filme francés dirixido por Gilles Paquet-Brenner que se estreou en 2010. É unha adaptación da novela homónima de Tatiana De Rosnay.
Sinopse
[editar | editar a fonte]En maio de 2002, a Julia Jarmond, unha xornalista americana que reside en París dende fai vinte anos, encárganlle un artigo co gallo do sesenta aniversario da redada contra os xudeus na capital francesa durante a ocupación nazi. Julia, casada con Bertrand Tézac, co cal ten unha filla de once anos, irá coñecendo pouco a pouco os acontecementos do fatídico ano 1942, entre eles a historia de Sarah, unha nena que, curiosamente, está relacionada coa súa familia política, os Tézac. Tras este descubrimento, non deixará de investigar ata coñecer cal foi o destino de Sarah e cal é a súa relación coa familia do seu marido.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kristin Scott Thomas como Julia Jarmond
- Mélusine Mayance como Sarah Starzynski
- Niels Arestrup como Jules Dufaure
- Frédéric Pierrot como Bertrand Tezac
- Michel Duchaussoy como Édouard Tezac
- Dominique Frot como Geneviève Dufaure
- Gisèle Casadesus como Mamé
- Aidan Quinn como William Rainsferd
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web Oficial (en francés)