Elisabeth Knight Britton
Nome orixinal | (en) Elizabeth Gertrude Britton |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Elizabeth Gertrude Knight 9 de xaneiro de 1858 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 25 de febreiro de 1934 (76 anos) Bronx, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Moravian Cemetery (pt) |
Residencia | Cuba |
Educación | Hunter College |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánica, ilustradora, deseñadora, cartelista, brióloga, conservadora, coleccionista de plantas |
Membro de | |
Interesada en | Brión e briófitas |
Alumnos | Abel Joel Grout (pt) |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | E.Britton |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Nathaniel Lord Britton |
Elisabeth Knigth Britton, nada en Nova York o 9 de xaneiro de 1858 e finada no Bronx o 25 de febreiro de 1934, foi unha botánica e escritora estadounidense, que contribuíu ó coñecemento dos musgos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Elizabeth Knight creceu en Cuba, onde a súa familia tiña unha plantación de azucre. Asistiu a colexios en Cuba e Nova York e en 1875 graduouse na Escola Normal. Durante 10 anos traballou nese mesmo centro, e durante este tempo construíu unha reputación como botánica afeccionada. Cara a 1883 especializouse en brioloxía, o estudo dos musgos, e publicou o seu primeiro artigo nese campo.
En agosto de 1885 casou con Nathaniel L. Britton, xeólogo. Nathaniel pronto se volveu cara á botánica, facendo conxuntamente con el varios viaxes para recollida de campo nas indias occidentais. En 1886-1888 foi editora do Bulletin of the Torrey Botanical Club, do que foi membro dende 1879. Coa axuda prestada polo Club e outras persoas interesadas, o matrimonio liderou a creación dun xardín botánico en Nova York. O New York Botanical Garden foi rematado no 1891, e no 1896 Nathaniel Britton foi o primeiro director da institución. O herbario de Columbia foi transferido alí en 1899, e Elisabeth tomou ó seu cargo, de xeito non oficial, a colección de musgos do departamento de botánica de Columbia e de xeito gradual foi construíndo unha impresionante colección, incrementada pola compra da xa recollida polo suízo August Jaeger no 1893. No 1912 outorgóuselle o cargo de xeito honorario.
Outras actividades
[editar | editar a fonte]De xeito paralelo desenvolveu outras actividades. Así, en 1902 fundou a 'Wild Flower Preservation Society of America', sociedade americana para a preservación da flora salvaxe, da que foi en diferentes períodos secretaria e tesoureira. A través da sociedade e diversas publicacións liderou movementos que lograron salvar diferentes flores en perigo ó longo dos Estados Unidos. De 1916 a 1919 foi presidente da Sullivan Moss Society, que axudara a fundar en 1898 e que no 1949 pasou a ser a American Bryological Society. Publicou 346 artigos científicos entre 1881 e 1930, e ten 15 especies e 1 xénero de musgos (Bryobrittonia) que levan o seu nome.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)