Elisa Herrero Uceda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elisa Herrero Uceda
Miguel y Elisa Herrero Uceda.jpg
Elisa Herrero Uceda co seu irmán Miguel en xullo de 2013.
Nome completoElisa Herrero Uceda
Nacemento7 de novembro de 1957 (61 anos)
LugarCeclavín, Cáceres, Estremadura Estremadura
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Madrid
Ocupaciónescritor
ProfesiónEscritora e rapsodo
Páxina oficial
editar datos en Wikidata ]

Elisa Herrero Uceda, nada o 7 de novembro de 1957 en Ceclavín, Cáceres, é unha escritora, rapsodo, bióloga e enxeñeira estremeña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Destaca principalmente como escritora e rapsodo de poesía nos encontros líricos que ofrece xunto co seu irmán, o tamén escritor e divulgador, Miguel Herrero Uceda. Comprometidos ámbolos dous coa defensa da natureza e a conservación dos saberes tradicionais da cultura estremeña[1]. Froito deste empeño escribiron artigos e libros sobre a cultura rural, ademais de relatos e narracións en lingua estremeña, Ceborrincho e Mamaeña

Elisa é doutora en Bioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid. O seu posdoutorado fíxoo no Medical Research Council de Cambridge (Inglaterra). É tamén enxeñeira en informática pola Universidade Politécnica de Madrid, mais ao mesmo tempo non esqueceu os saberes tradicionais da súa terra, reflectíndoos nos seus escritos[2].

Encontro de escritores estremeños que tivo lugar en Ceclavín o 31 de maio de 2014.

O 31 de maio de 2014 formou parte do encontro de escritores estremeños, Tarde de escritores, que tivo lugar na súa vila natal, Ceclavín[3][4][5][6]. Tamén participa e colabora nas actividades anuais da Semana Complutense de las Letras da Universidade Complutense de Madrid[7].

Elisa é irmá tamén do pintor Antonio José Herrero Uceda, con quen colabora nas súas exposicións[8].

Obras[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Segundo premio "Luis Chamizo de prosa en extremeño" (2012)
  • Recoñecemento á creación. Ateneo de Arroyo de la Luz (Cáceres) (2013).
  • Recoñecemento ao seu traballo por medio da divulgación e defensa da cultura estremeña. Asociación Cultural Pablo Gonzálvez. Miajadas (Cáceres) (2014)[9].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Elisa Herrero Uceda" Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Elam Editores. 2015
  2. Paniagua Simón, Eladio. "Extremadura en el corazón", nuevo libro de los hermanos Herrero Uceda. Periódico Hoy. 23.08.11
  3. Entrevista Tarde de escritores en Ceclavín Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Canal Extremadura Radio. 30 de maio de 2014
  4. .Ceclavín: Encuentro de escritores esta tarde. El Periódico de Extremadura. 31 de maio de 2014.
  5. Agut, Nieves. Periódico Crónica de Coria. Agosto de 2014
  6. Herrero Uceda, Miguel. El retorno de los escritores. Revista Aceña. Agosto de 2014
  7. https://www.ucm.es/semanaletras4/paseoporlosarboles
  8. Exponen "Semblanzas de Mi Extremadura. Periódico de Extremadura. 23 novembro de 2015
  9. elperiodicoextremadura.com (ed.). "Reconocen la labor de dos vecinos de Ceclavín". Consultado o 21 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]