Eli Lilly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eli Lilly
Colonel eli lilly in 1885-enhanced.jpg
Nacemento8 de xullo de 1838
 Baltimore, Maryland
Falecemento6 de xuño de 1898
 Indianapolis, Indiana
Causacancro
SoterradoCrown Hill Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterDePauw University
Ocupaciónquímico, militar, farmacéutico e empresario
CónxuxeEvelyn Bartlett
FillosJosiah K. Lilly, Sr.
PremiosFeldberg Foundation
Eli Lilly Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Eli Lilly, nado en Baltimore o 8 de xullo de 1838 e finado en Indianápolis o 6 de xuño de 1898 foi un militar, químico, farmacéutico, industrial e empresario estadounidense. É coñecido por ser o fundador da corporación farmacéutica Eli Lilly and Company.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alistouse no Exército da Unión durante a Guerra de Secesión e recrutou un grupo de homes para formar unha batería de artillería. Posteriormente foi ascendido a coronel e déuselle o mando dunha unidade de cabalería. Preto do final da guerra foi capturado e permaneceu prisioneiro ata que esta rematou. Máis tarde intentou controlar unha prantación en Misisipi, pero fracasou e retomou a súa profesión de farmacéutico despois da morte da súa esposa. Volveu casar e traballou en varias farmacias antes da apertura do seu propio negocio en 1876, con proxectos para fabricar menciñas e comercializalas por xunto.

A súa empresa resultou exitosa e ao pouco tempo consiguíu benestar económico, despois de realizar numerosos avances na fabricación de produtos medicinais. Dous dos primeiros adiantos que promoveu foron a creación de cápsulas de xelatina para conter medicamentos e a mestura de menciñas líquidas cun saborizante frutal. Eli Lilly and Company foi unha das primeras empresas farmacéuticas da súa clase, creando como parte da súa organización un departamento de investigación e poñendo en funionamento numerosas medidas para garantir a calidade.

Filantropía[editar | editar a fonte]

Lilly utilizou a súa riqueza para comprometerse en numerosas causas filantrópicas. En 1890 cedeu a dirección da empresa ao seu fillo para poder adicarse ás súas actividades de caridade e de progreso cívico como actividade principal. Axudou a fundar a organización que se convertería na Cámara de Comercio de Indianápolis, foi o patrocinador principal da sucursal de Indiana da Charity Organization Society e financiou persoalmente a creación do hospital para nenos da cidade, que despois foi ampliado polo estado para converterse no James Whitcomb Riley Hospital for Children. Seguiu participando activamente con moitas organizacións ata a súa morte a causa do cancro en 1898.

Foi defensor da regulación federal da industria farmacéutica e moitas das reformas que suxeriu foron promulgadas como lei en 1906, causando a creación da Food and Drug Administration (FDA). Tamén estivo entre os pioneiros do concepto de prescripción e axudou a crear o que se convertería en práctica común de dar menciñas adictivas ou perigosas só a quen primeiro consultara a un médico. A empresa que fundou converteuse dende entón nunha das corporacións farmacéuticas máis grandes e máis influentes no mundo, así como a corporación máis grande de Indiana. Co patrimonio que xerou, o seu fillo e netos crearon a fundación Lilly Endowment para continuar coa súa herdanza filantrópica. A fundación é considerada un dos benefactores máis grandes do mundo, en termos de activos e donacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]