Elena Ojea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElena Ojea
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Nigrán, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora , científica ambiental Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2526658


Elena Ojea Fernández-Colmeiro, nada en Nigrán en 1981, é unha investigadora en ciencias ambientais.[1] No ano 2016 foi a primeira galega en obter a prestixiosa bolsa 'Starting Grant' do Consello Europeo de Investigación (ERC).[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elena Ojea é licenciada en Ciencias Ambientais pola Universidade de Salamanca e doutora en Economía Ambiental pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou varias estadías en California e no ano 2009 incorporouse ao Centro Vasco do Cambio Climático (BC3) en Euskadi.[3]

En 2016 incorporouse como investigadora á Universidade de Vigo, onde lidera o grupo Future Oceans Lab que estuda como adaptar os sistemas mariños aos impactos previstos do cambio climático.[4] Elena participa na elaboración do Sexto Informe do Panel Intergubernamental da ONU sobre o cambio climático onde será autora principal do capítulo WGII ​​Oceans.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "«Si adaptas la pesca al impacto del cambio climático, el coste será menor»". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-01-13. Consultado o 2020-08-27. 
  2. Redacción (2016-01-11). "A investigadora Elena Ojea volve a Galicia co programa Oportunius". GCiencia. Consultado o 2020-08-27. 
  3. DUVI (2016-03-03). "A 'Starting Grant' Elena Ojea, nova 'fichaxe' da Universidade de Vigo". GCiencia. Consultado o 2020-08-27. 
  4. "Elena Ojea – Future Oceans Lab". futureoceanslab.org (en castelán). Consultado o 2020-08-27. 
  5. DUVI (2018-04-09). "Dous científicos da UVigo asesoran á ONU na loita contra o cambio climático". GCiencia. Consultado o 2020-08-27. 
  6. "Elena Ojea". Por qué tan pocas (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-08-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]