Elefante africano
| Elefante africano | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Loxodonta Frédéric Cuvier 1825 | |||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||
|
Subclase de
| |||||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||||
|
Subdivisións
L. adaurora †
| |||||||||||||
| Características | |||||||||||||
|
Período de xestación
| |||||||||||||
| Distribución | |||||||||||||
|
Altura
370 cm home | |||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||||
| Subfilo | Vertebrata | ||||||||||||
| Clase | Mammalia | ||||||||||||
| Orde | Proboscidea | ||||||||||||
| Familia | Elephantidae | ||||||||||||
| Xénero | Loxodonta | ||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||
O elefante africano é un proboscídeo do genus Loxodonta[1], que consta de dúas especies existentes: o elefante africano de sabana e o elefante africano de bosque. Loxodonta é un dos dous xéneros existentes da familia Elephantidae. Malia que se cre que o genus foi descrito por Georges Cuvier en 1825, Cuvier escribiuno "Loxodonte". Un autor anónimo latinizouno en "Loxodonta", e o International Code of Zoological Nomenclature (ICZN) recoñeceuno como de autoría propia.
Descrición
[editar | editar a fonte]O elefante africano é o animal terrestre máis grande que existe. O seu corpo repousa sobre as súas grandes patas e ten o lombo cóncavo. As súas orellas axúdano a regular a temperatura. O seu labio superior e nariz forman a súa característica trompa. A trompa actúa como unha extremidade e como amplificador de sons. A trompa do elefante africano remata en dous apéndices opostos, mentres que a trompa do elefante asiático remata nun só apéndice. Os elefantes africanos de sabana son meirandes que os asiáticos. Os machos acadan os 3.2-4m de altura e un peso de 4700–6048 kg, e as femias 2.2-2.6m de alto e un peso de 2160–3232 kg.[2]
O maior exemplar rexistrado medía 4m e pesaba 10 toneladas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kalb, Jon E.; Assefa Mebrate (1993). Fossil Elephantoids from the Hominid-Bearing Awash Group, Middle Awash Valley, Afar Depression, Ethiopia. Independence Square, Philadelphia: The American Philosophical Society. pp. 52–59. ISBN 0-87169-831-5.
- ↑ Barry Laurson & Marc Bekoff (6 Jan 1978). "Loxodonta africana" (PDF). Mammalian Species 92: 1–8. Consultado o 2010-08-05.
- ↑ Macdonald, D (2001). The New Encyclopedia of Mammals. Oxford: Oxford University Press.