Saltar ao contido

Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016
 ← 2012 Editar o valor en WikidataEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata 2020 Editar o valor en Wikidata  → 
Data8 de novembro de 2016 Editar o valor en Wikidata
Tipoeleccións presidenciais dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Parte deeleccións dos Estados Unidos de 2016 Editar o valor en Wikidata
Cargo elixidoPresidente dos Estados Unidos de América. Duración do mandato: 4
Vicepresidente dos Estados Unidos. Duración do mandato: 4 Editar o valor en Wikidata
Cancelo#election2016 Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado231.556.622 Editar o valor en Wikidata
137.053.916
   59.19٪
Ponto percentual (pt) 5.42
Número de votos válidos136.700.000    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos  ? 
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
Donald Trump  — Partido RepublicanoElixido/a
Candidato á vicepresidenciaMike Pence
62.979.879   46.07٪
Voto electoral 304
Hillary Clinton  — Partido Demócrata
Candidato á vicepresidenciaTim Kaine
65.844.954   48.17٪
Voto electoral 227

Editar o valor en Wikidata
Causa inmediata de
20 de xaneiro de 2017: Primeira investidura de Donald Trump Editar o valor en Wikidata

As eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016 foron as 58ª eleccións presidencias dos Estados Unidos de América, celebradas o martes 8 de novembro de 2016. Os votantes elixen ós compromisarios que á súa vez deberán escoller ó novo presidente e vicepresidente a través do Colexio Electoral. O límite estabelecido pola Vixésimo segunda Emenda constitucional impediu ó presidente en exercicio, Barack Obama, ser reelixido para un terceiro período de goberno.

As eleccións primarias que determinan os candidatos dos partidos políticos á presidencia tiveron lugar entre o 1 de febreiro e xuño de 2016, estendéndose entre os 50 estados, o Distrito de Columbia e o resto dos territorios baixo soberanía estadounidense. Este proceso electoral é tamén unha elección indirecta, onde os votantes emiten os seus votos por unha lista de delegados para unha convención de nomeamento dun partido político, quen despois elixen ó nomeado presidencial do seu partido. Ademais, elixíronse 34 senadores e a totalidade da Cámara de Representantes.

Ás 2:40 a.m. (hora do leste) do 9 de novembro, as canles de novas anunciaron que Pensilvania e Wisconsin (estados nos cales Hillary Clinton lideraba as enquisas) daban os últimos 30 electores para definir como gañador a Donald Trump, quen se converteu en cuadraxésimo quinto presidente dos Estados Unidos de América. Clinton aceptou a derrota perante Trump, quen gañou as eleccións presidenciais de 2016 con 304 votos electorais contra 227 de Clinton.[1] Os estados que lle deron (en contra da maioría dos prognósticos) a vitoria a Trump foron, principalmente, os estados industriais da rexión dos grandes lagos: Míchigan, Pensilvania e Wisconsin. Ademais destes, o candidato republicano tamén logrou impoñerse nos dous grandes estados en disputa, ou "swing states", das últimas décadas: Ohio e Florida, e noutros estados "swing" menores como Arizona, Xeorixia, Iowa e Carolina do Norte. Clinton, pola súa parte, fíxose con estados disputados como Colorado, Nevada, Virxinia e Nova Hampshire.

Polo tanto, o candidato republicano Trump gañou as eleccións, malia ter obtido o apoio de 2,8 millóns de votantes menos que o seu rival demócrata. Como sinala o científico de datos Azhar Hamdan, ó final as eleccións de 2016 non as decidiu esa vantaxe de case tres millóns de votos de Hillary Clinton, senón a moito máis estreita vantaxe de só 78.000 votos que Trump logrou en tres condados de Míchigan, Wisconsin e Pensilvania.

As eleccións salientaron por un clima de tensión política, a máis baixa aceptación popular cara ós candidatos en toda a historia dos Estados Unidos e por unha vitoria impredecible onde Trump gañou a elección malia que Clinton liderara os termómetros electorais a maior parte do tempo que durou a campaña.[2]

  1. "Elecciones en Estados Unidos 2016". 
  2. "Elecciones en Estados Unidos 2016". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2018. Consultado o 28 de outubro de 2018.