Saltar ao contido

Eladio Oviedo Arce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eladio Oviedo Arce, nado en Noia o 20 de marzo de 1864 e finado na mesma vila o 19 de xaneiro de 1918, foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria

Fixo a carreira sacerdotal, doutorouse en Teoloxía e licenciouse en Filosofía e Letras. Foi socio fundador da Real Academia Galega, profesor de Historia Eclesiástica e de Arqueoloxía Sagrada no seminario de Santiago de Compostela e ingresou no corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos do Estado e foi xefe do Archivo Regional de Galicia. En 1909 propuxo a Exposición Arqueolóxica Galega, que se celebrou en Compostela.

Como historiador foi discípulo de Antonio López Ferreiro, ao que substituíu dende 1889 nas súas clases no seminario. Escribiu monografías sobre a época medieval en Galicia, editou fragmentos en galego das Partidas de Afonso X o Sabio e colaborou na revista Galicia Histórica. Consideraba que a historia debía de achegar e lexitimar unha ideoloxía de corte tradicional e católica. Colaborou no Boletín de la Real Academia Gallega e El Eco Popular.

Obras

  • Precedentes y estado actual de los estudios de arqueología sagrada, y papel que esta ciencia puede desempeñar como elemento de civilización católica, 1891.
  • Consideraciones sobre el carácter religioso de los antiguos gremios, 1898.
  • El autor de "Salve Regina", 1903.
  • El genuino "Martín Codax", juglar gallego del siglo XIII: según un apógrafo trecentista de su "cancionero", 1917 (coa colaboración musical de Santiago Tafall).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Murguía, Manuel (1918). "Don Eladio Oviedo y Arce". Boletín de la Real Academia Gallega (124): 89–90. Consultado o 8 de decembro de 2014.