Saltar ao contido

Eladio López Muñiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEladio López Muñiz
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor em Wikidata
Morte6 de novembro de 1967 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata

Eladio López Muñiz, nado en 1909 finado en Lugo o 6 de novembro de 1967, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no colexio dos Maristas de Lugo e despois fixo Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1932.[1] Colaborou en Loita. Foi nomeado xuíz municipal do Páramo en agosto de 1934.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 afiliouse a Falanxe,[3] e foi secretario provincial de Prensa e Propaganda.[4] Foi secretario do concello de Castroverde. Posteriormente foi nomeado secretario provincial da Delegación de Abastecementos e Transportes, vicepresidente provincial de Obras Sindicais e vicepresidente do Club Deportivo Lugo.[5] Era propietario da librería Excelsior de Lugo. Finou en Lugo o 6 de novembro de 1967.[6]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María de la Concepción Rodríguez Regueiro en novembro de 1938,[7] e foi pai de Eladio, Manuel e María Luisa López Rodríguez.

  1. El Compostelano, 14-6-1932, p. 2.
  2. El Progreso, 11-8-1934, p. 6.
  3. El Progreso, 23-12-1936, p. 1.
  4. El Progreso, 14-4-1937, p. 4.
  5. El Pueblo Gallego, 8-11-1967, p. 14.
  6. El Progreso, 8-11-1967, p. 3, 7.
  7. El Progreso, 6-11-1938, p. 2.