Loita (Sarria)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Loita foi un periódico quincenal editado en Sarria entre 1933 e 1934.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano del Cento Republicano de Sarria, apareceu o 6 de febreiro de 1933. Publicábase os días 6 e 20 de cada mes (coincidindo cos días de feira en Sarria). Fundado por Vicente Páramo, José Sánchez Arias e Antonio Páramo Sánchez, estaba dirixido por Antonio Páramo Sánchez. Entre os seus colaboradores figuraron Eladio López Muñiz, Felipe Pedreira, Manuel Durán, Vicente Páramo e Pedro Guitián. No seu primeiro número expresaba:

Loita, órgano de expresión del ideal bien defendido del Centro Republicano (único existente en Sarria), se consagra a la propaganda política del centro y de las agrupaciones republicanas constituidas en el Partido judicial y comunes en sentimiento e ideario al programa del Centro Republicano.

E engadía:

Loita será la exaltación del fervor autonómico de las fuerzas republicanas unidas al Centro, dispersas por los pueblos del distrito, pero unidas en vínculo espiritual y dispuestas a luchar bravamente por la autonomía.

A maior parte das súas novas referíanse a Sarria e a súa comarca, fundamentalmente de carácter político. Dedicaba especial atención aos labregos e seguiu unha estrita neutralidade en materia relixiosa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. ISBN 84-8192-110-6. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]