El misterio de la cripta embrujada
El misterio de la cripta embrujada | |
---|---|
Autor/a | Eduardo Mendoza |
Orixe | Cataluña |
Lingua | castelán |
Tema(s) | Novela policial, humor |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Seix Barral |
Data de pub. | 1978 |
ISBN | 978-84-322-3149-5 |
Seguido por | El laberinto de las aceitunas |
[ editar datos en Wikidata ] |
El misterio de la cripta embrujada é unha novela policial e humorística en lingua castelá do escritor barcelonés Eduardo Mendoza, publicada por Seix Barral en 1978. É a primeira obra da saga do paciente do doutor Sugrañes, continuada con El laberinto de las aceitunas, La aventura del tocador de señoras e El enredo de la bolsa y la vida. A novela foi traducida a 9 idiomas[1].
Trama
[editar | editar a fonte]A acción ten lugar en Barcelona no comezo da transición española, trala morte de Francisco Franco. O comisario Flores é un inspector da Brigada de Investigación Criminal, que pide axuda a un antigo criminal depravado que está interno nun manicomio, para que lle dea información sobre a desaparición dunha nena dun colexio internado de nais lazaristas. O comisario e o interno chegan a un acordo: se este axuda a resolver o caso, concederanlle a liberdade.
Así, logo de cinco anos no hospital mental, o protagonista volve á cidade, e vai na procura da súa irmá. Mantén o control de si mesmo, pero para lograr información non dubida en inventarse identidades, suplantar outras ou abrir portas sen chaves. Coa axuda de Mercedes, unha ex alumna da escola da que desapareceu a nena, acaba por descubrir que un empresario da cidade tentara ocultar un cadáver, para o cal cometera varios delitos.
Contexto
[editar | editar a fonte]É a segunda novela de Eduardo Mendoza, que en 1976 gañara o Premio da Crítica de narrativa castelá con La verdad sobre el caso Savolta. Escribiu El misterio de la cripta embrujada mentres traballaba en Nova York como tradutor para a ONU, onde permaneceu até 1982.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha do libro Arquivado 18 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. na web oficial de Eduardo Mendoza.