La aventura del tocador de señoras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

La aventura del tocador de señoras
Autor/aEduardo Mendoza
CubertaIsolde Ohlbaum
OrixeCataluña
Linguacastelán
Tema(s)Novela policial, humor
Xénero(s)Novela
EditorialSeix Barral
Data de pub.2001
ISBN978-84-322-3155-X
Precedido porEl laberinto de las aceitunas
Seguido porEl enredo de la bolsa y la vida

La aventura del tocador de señoras é unha novela de Eduardo Mendoza publicada en 2001. Continúa a trama iniciada en El misterio de la cripta embrujada e El laberinto de las aceitunas.

Trama[editar | editar a fonte]

Como nas novelas anteriores, a acción comeza cando o protagonista da trama, o nome do cal non se chega a coñecer, abandona a residencia para enfermos mentais na que estivo pechado varias décadas. Desta vez a saída é definitiva, pois o terreo en que está edificado o centro vaise vender para construír vivendas.

O protagonista pide axuda á súa irmá Cándida. O seu marido Viriato ofrécelle traballar nun salón de peiteado. Logo dun tempo en que a súa vida se estabiliza, unha muller obrígao a roubar uns documentos. Cando chega á empresa en qu e ten que roubar, descobre que o presidente da mesma foi asasinado, sendo el o sospeitoso. Intenta demostrar a súa inocencia e atopar a persoa culpable.

A acción está ambientada en Barcelona a finais da década de 1990.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]