Saltar ao contido

El Telegrama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Telegrama
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
1873 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Galiciana: 2692
Wikidata

El Telegrama foi un xornal republicano coruñés, fundado en 1873 por Vicente Abad Torregrosa. Foi un dos primeiros xornais da cidade.[1]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Era de carácter democrático e progresista. Estivo dirixido primeiro por Darío García e despois por Ramón Faginas ata 1877. Nel colaboraron diferentes xornalistas como Adolfo Vázquez Gómez, Romualdo Real Vázquez, Froilán Salazar Roca e Eladio Fernández Diéguez, que foi o seu redactor xefe.

Na súa segunda época, a partir de 1877, engadiu como subtítulo Diario político, comercial y de intereses materiales. Estivo dirixido por Benito García. En 1881 cambiou a súa redacción e pasou a defender as aspiracións do Partido Demócrata-Progresista.[2] Cesou a súa publicación o 10 de outubro de 1899 con motivo do falecemento do seu último propietario e director Daniel González Fernández.[3]

  1. "Telegrama, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
  2. El Correo Gallego, 20-4-1881, p. 2.
  3. Revista Gallega, 240, 15-10-1899, p. 6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]