Darío García Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Darío García Taboada
Nacemento1830
 Santiago de Compostela
Falecemento4 de setembro de 1903
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Darío García Taboada, nado en Santiago de Compostela en 1830 e finado na Coruña o 4 de setembro de 1903,[1] foi un mestre e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre da Escola Pública da Costa de Santo Agostiño e profesor de caligrafía do Instituto da Coruña. Dirixiu o periódico profesional El Despertador (1867), foi redactor de Pero Grullo e o primeiro director de El Telegrama.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa coruñesa Adelaida Ramírez López, coa que tivo a Josefa, Adelaida, Claudina e Antonio García Ramírez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Noroeste, 5-9-1903, p. 2.