Benigno Varela Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenigno Varela Pérez
Biografía
Nacemento1873 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xuño de 1962 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia de Ourense
1935 – 1936
Gobernador civil da provincia de León
1922 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , avogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMauro Varela Fernández Editar o valor em Wikidata

Benigno Varela Pérez, nado en Lugo en 1873 e finado na mesma cidade o 12 de xuño de 1962, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Varela Gómez e Juana Pérez da Vila. Foi propietario e director de El Regional. Amigo de Manuel Portela Valladares, foi elixido deputado provincial polo distrito de Lugo de 1911 a 1921 e en decembro de 1922 foi nomeado gobernador civil de León.[1] Na República foi presidente da Agrupación provincial de Xurados mixtos de Lugo (1934) e foi nomeado gobernador civil de Ourense o 21 de decembro de 1935, posto no que permaneceu ata o 28 de febreiro de 1936. Membro do Partido del Centro Nacional Republicano, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de abril de 1937 e trasladado ao día seguinte á Cadea de Cáceres. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e satisfeita a sanción, recobrou a libre disposición dos bens en 1941.[2] Finou en Lugo o 12 de xuño de 1962.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Felisa Fernández Varela, filla de José Fernández Carballo, e foi pai de Benigno, Mauro e José Varela Fernández.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Norte de Galicia, 11-12-1922, p. 2.
  2. BOE, 21-10-1941, p. 3838.
  3. El Progreso, 13-6-1962, p. 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]