Saltar ao contido

El Radical (Padrón)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Radical
 Título
    El Radical (es) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Lingua
Datas
 Data de comezo
decembro de 1903 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
decembro de 1904 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
decembro de 1903 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
 País
Wikidata

El Radical foi un semanario editado en Padrón entre 1903 e 1904.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

De tendencia republicana, apareceu en decembro de 1903,[1][2] impulsado e dirixido polo avogado padronés Francisco Javier Artime Pérez.

A finais de 1904 publicou un artigo que foi denunciado polo presidente da Deputación da Coruña, Ramón Tojo Pérez, perante o xulgado municipal de Padrón por inxurias. Curiosamente, o director do semanario e o político eran primos carnais. O 20 de decembro chegou á Audiencia provincial da Coruña[3] e tres días despois Artime foi condenado a catro meses e un día de arresto maior e 250 pesetas de multa[4] o que provocou o peche da publicación e a entrada en prisión de Artime á fin do verán de 1905.[5]

  1. "Santiago". El Eco de Santiago (en castelán) (Santiago de Compostela). 15-12-1903. p. 2. Comenzó a publicarse en Padrón un semanario republicano que se titula El Radical
  2. "Miscelánea provincial". La Correspondencia Gallega (en castelán) (Pontevedra). 17-12-1903. p. 3. Comenzó a publicarse en Padrón un semanario republicano que se titula El Radical
  3. "Tribunales". El Noroeste (en castelán) (A Coruña). 21-12-1904. p. 2. (...) por injurias dirigidas por medio del periódico El Radical, que se publica en aquella villa
  4. "Tribunales". El Noroeste (en castelán) (A Coruña). 24-12-1904. p. 2.
  5. "Noticias de Galicia. La Coruña". El Eco de Galicia (en castelán) (Bos Aires). 10-9-1905. p. 7. Se ha efectuado la prisión del dignísimo abogado, exdirector del semanario republicano El Radical, de Padrón, don Francisco Javier Artime, primo carnal del dignísimo y popular presidente de la Diputación Provincial, don Ramón Tojo Pérez. El pueblo hace de este asunto sabrosos y cáusticos comentarios, significativos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]