Saltar ao contido

El Pueblo (1913)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 27 de agosto de 2015 ás 08:42 por Elisardojm (conversa | contribucións) (amaño referencia)

El Pueblo foi un semanario publicado en Vigo entre 1913 e 1914.

Historia e características

Semanario republicano que apareceu en abril de 1913[1]. Publicábase os sábados. Dirixido por Alfonso Quintas, Narciso Goy foi un dos seus redactores, e entre os seus colaboradores literarios figuraron Rogelio Rivero e José Rey González. A partir do número 57 de abril de 1914, levou o subtítulo de Órgano del Partido Republicano Vigués, pasou a ser bisemanal e encargouse da dirección Javier Montero Mejuto[2]. Cesou a súa publicación en 1914.

Notas

  1. La Correspondencia Gallega, 18-4-1913, p. 2.
  2. La Idea Moderna, 24-4-1914, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.