El Pueblo (1913)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Pueblo
Lingualingua castelá
LocalidadeVigo
editar datos en Wikidata ]

El Pueblo foi un semanario publicado en Vigo entre 1913 e 1914.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Semanario republicano que apareceu o 19 de abril de 1913.[1][2] Publicábase os sábados. Dirixido por Alfonso Quintas.[3] Narciso Goy foi un dos seus redactores, e entre os seus colaboradores literarios figuraron Rogelio Rivero e José Rey González. A partir do número 57 de abril de 1914, levou o subtítulo de Órgano del Partido Republicano Vigués, pasou a ser bisemanal e encargouse da dirección Javier Montero Mejuto.[4] Algunhas fontes afirman que cesou a súa publicación en 1914, pero en xullo de 1917 aparece a nova de que suspendeu temporalmente a súa publicación.[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 19-3-1913, p. 1.
  2. Ilustración Gallega, 20-3-1913, p. 13.
  3. La Correspondencia Gallega, 18-4-1913, p. 2.
  4. La Idea Moderna, 24-4-1914, p. 2.
  5. El Progreso, 12-7-1917, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]