El Marquet de les Roques

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe do Marquet de les Roques

El Marquet de les Roques é unha residencia edificada ó costado dunha masía no interior do Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac. Foi construída a partir do 1895 polo arquitecto Juli Batllevell, nado en Sabadell por encargo da familia do escritor Joan Oliver. Familia que foi propietaria ata a guerra civil.

Habitada durante os veráns , recibía a visita de grandes nomes da literatura catalá do momento coma Josep Carner, Carles Riba ou Guerau de Liost. Joan Oliver e outros escritores coma Francesc Trabal ou Armand Obiols, membros da chamada Colla de Sabadel e fundadores da editorial La Mirada adoitaban pasar longas tempadas na casa. Actualmente a propiedade é da Deputación de Barcelona e contén un punto de información do Parque Natural de Sant Llorenç e unha exposición sobre Joan Oliver e a Colla de Sabadell. Os fins de semana prográmanse visitas guiadas e diferentes actividades exposicións temporais ou talleres para escolas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guia de rutes literàries per la Xarxa de Parcs Naturals, Diputació de Barcelona (en catalán).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]