El Mariachi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

El Mariachi
Ficha técnica
Título orixinal El Mariachi
Director Robert Rodriguez
Produtor
Guión Robert Rodriguez
Intérpretes
Música
  • Eric Guthrie
  • Chris Knudson
  • Álvaro Rodriguez
  • Cecilio Rodriguez
  • Mark Trujillo
Fotografía Robert Rodriguez
Montaxe Robert Rodriguez
Estudio Los Hooligans Productions
Distribuidora Columbia Pictures
Estrea Toronto: 15 de setembro de 1992
Sundance: 8 de xaneiro de 1993
Flag of the United States.svg 26 de febreiro de 1993
Duración 81 minutos[1]
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos[2]
Xénero Acción
Orzamento $7 000
Recadación $2 000 000
Filme seguinte Desperado

El Mariachi é un filme estadounidense[2] de western e acción dirixido por Robert Rodriguez que foi estreado en 1992. Este filme foi o seu debut como guionista e director de longametraxes. Foi rodado en lingua castelá cun elenco de actores afeccionados na cidade fronteiriza mexicana Ciudad Acuña. Tivo un orzamento de só $7 000 e estaba prevista para ser distribuída no mercado de vídeo en México, pero ós executivos de Columbia Pictures gustoulles tanto o filme que mercaron os dereitos de distribución nos Estados Unidos. Columbia chegou a investir varias veces máis o orzamento inicial do filme de 16 mm nas transferencias a 35 mm, na súa promoción e distribución.[3]

O éxito do debut de Rodriguez como director levouno a continuar a historia con outros dous filmes, Desperado (1995) e O mexicano (2003). Nas dúas secuelas, Antonio Banderas interpretou o papel de Carlos Gallardo como El Mariachi. Gallardo co-produciu ámbolos dous filmes e tivo un papel menor en Desperado.

No ano 2011, El Mariachi foi engadido no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América para ser preservado por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo". Tamén ten o récord Guinness por ser o filme con menor orzamento en conseguir máis dun millón de dólares de recadación.[4]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Carlos Gallardo como El Mariachi
  • Consuelo Gómez como Dominó
  • Peter Marquardt como Mauricio (a.k.a. Moco)
  • Reinol Martínez como Azul
  • Jaime de Hoyos como Bigotón
  • Ramiro Gómez como Camareiro
  • Jesús López Viejo como Clerk
  • Luis Baro como asitente de Dominó
  • Óscar Fabila como o rapaz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. British Board of Film Classification, ed. (1 de xullo de 1993). "EL MARIACHI (15)". Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 British Film Institute (ed.). "El Mariachi". Consultado o 26 de abril de 2012. 
  3. Shone, Tom (25 de novembro de 2009). The Guardian, ed. "Paranormal Activity and the myth of the shoestring shocker". Londres. Consultado o 1 de maio de 2010. 
  4. Oscars 2015: The Guinness World Records alternative Academy Award

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]