El Luís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luis Barrull Salazar
El luis 2.jpg
El Luís
OrixeA Coruña (Galicia),
Período1976 - 1991
Xénero(s)Flamenco, rumba
Selo(s) discográfico(s)Sony Music, Producciobes AR, CBS

Luís Salazar Barull, nado na Coruña en 1948 e coñecido como El Luis, é un cantante e compositor español, cuxo estilo corresponde á fusión entre flamenco, soul e rock que se iniciou a mediados dos anos 1970. Os discos da súa época dourada son El Luis, Solo (1978) e Gitano Soul, todos eles elepés de CBS, de cuxa produción encargouse José Luis de Carlos, Moito máis tarde gravou Vis a Vis para un pequeno selo independente chamado PRODUCIÓNS AR S.L.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inmigrou a Arxentina, durante un período de quince anos, por esa razón alcumábano Luis el argentino, tamén El gitano argentino o aire ou mais concisamente como El Luis. Foi naquelas terras onde se iniciou como cantante flamenco para regresar a España xa ventiañeiro. Unha vida algo irregular levouno a ingresar no madrileño cárcere de Carabanchel, por tráfico de drogas, e nesa aquela época afiliouse á Igrexa Evanxelista. Ao saír do cárcere, o seu momento xa pasara e o pouco que se sabe del dende entón é que chegou a publicar unha casete de flamenco para consumo de bares de estrada e que fixou a súa residencia en México.

Obra[editar | editar a fonte]

Primeiros Anos[editar | editar a fonte]

A produción musical de El Luis cínguese a tres álbums na súa etapa dourada e a un último disco, a principios dos noventa. O seu primeiro elepé El Luis', chegou a ser disco de ouro e foi o que mellor se vendeu. O sinxelo que obtivo maior difusión titulábase Yo te lo digo cantando, canción que, á fin e ao cabo, se convertería na máis coñecida de toda a súa discografía. Outras dúas tiveron tamén boa acollida por parte do público: Pero que triste es llorar y llorar e Beibe, no huyas más.

No segundo álbum, Solo, máis revolucionario e roqueiro que o anterior, colaboraron nos arranxos Eduardo Leyva e Johnny Galvao. A destacar un soul-rock xitano, Libertad, uns curiosos Tangos Árabes e Tangos Galegos, e a combinación do dramatismo xitano e da música árabe en Llorando.

Froito do tempo que pasou no cárcere, foron unhas cancións carcerarias impregnadas de misticismo que formaron o seu terceiro álbum, Gitano Soul, Oh, Libertad que tiña acento gospel, No me abandones, Señor, Soy Feliz ou Perdóname mi vida. Gitano Soul foi un álbum gravado entre Madrid e Nova York, con músicos de raza negra e arranxos de Dave Thomas que por entón tocaba o baixo con Manzanita.

Ademais compuso para outros artistas como Las Grecas, Los Chichos e para o seu irmán Antonio Barrull mais coñecido como "Zíngaro".

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Despois o seu traballo foi diluído, despois dunha curta carreira en 1991 Vis a Vis para a Producciones AR SL, un selo independente de propiedade dun ex-executivo da CBS, Alfonso Corral, especializado en manter a chama do flamenco con artistas pop como Camela, Alazán e El Luís.

Discografía[editar | editar a fonte]

Discos[editar | editar a fonte]

Singles[editar | editar a fonte]

Recompilacións[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]